HomeMedio ambiente e PatrimonioVolve o Entroido de Salcedo máis tradicional e faino con novidades

Volve o Entroido de Salcedo máis tradicional e faino con novidades

Dende tempos inmemoriais, o pobo de Salcedo encárgase de organizar as actividades de conservación das tradicións do entroido da aldea de Salcedo, situada no concello da Pobra do Brollón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Despois de dous anos de parón obrigado debido ás restricións orixinadas pola pandemia do Coronavirus, a volta á normalidade permítelle aos veciños e veciñas de Salcedo poder levar a cabo as actividades habituais na celebración dun dos Entroidos máis tradicionais de Galicia.

Así, volven as funcións de teatro popular, con obras escritas, dirixidas e representadas pola veciñanza. Coma sempre, as funcións serán o sábado día 18 de febreiro e o domingo 19 ás 22:00 horas, e as entradas xa están á venda na Cantina de Julia (982430222) e no Hotel O Forno-A Salanova (982430501). Dende a Asociación esperan que, igual que nos últimos anos, as entradas se esgoten varios días antes das representacións.

O domingo, ás 17:00 será o pregón, que este ano corre a cargo de Alfonso Zarauza, director de cine galego, gañador de 13 premios Mestre Mateo pola película Ons no ano 2021. Despois do pregón sairán as Madamas e os Danzantes e, por primeira vez en moito tempo, recupéranse os Disfraces de Campo, representacións mímicas e cómicas que parodian sucesos de actualidade.

O luns, 20 de febreiro, volve o Rei do Entroido de Salcedo: o Oso. A figura máis ancestral e primitiva desta mascarada volverá tinguir aos presentes acompañado dos seus criados. Todo isto acompañado de música de grupos como Los mecánicos, gaiteiros, charangas e orquestras dente o domingo ata o martes.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...