HomeMedio ambiente e PatrimonioRecollida de residuos, a domicilio e de balde, na Pobra do Brollón

Recollida de residuos, a domicilio e de balde, na Pobra do Brollón

O concello bota a andar o 13 de abril un servizo de recollida por parroquias e totalmente gratuíto para a veciñanza.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A recollida de residuos sólidos con destino aos Puntos Limpos non funciona de igual xeito en todos os concellos do sur de Lugo. Hai algúns que teñen servizo de recollida e depósito de balde, mentres que outros cobran taxas por ambas prestacións municipais.

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar que, de xeito escalonado e por diferentes parroquias, realizará un servizo extraordinario e gratuíto de recollida a domicilio de residuos.

Para solicitar a recollida, a veciñanza debe chamar ao teléfono 982 430001 de luns a venres de 9:00 a 13:00 h. indicando o nome, teléfono, enderezo, cantidade e natureza dos refugallos a recoller. A continuación, e dende o concello, poñeranse en contacto para indicar a data e hora aproximada de recollida para que poidan depositar os residuos fóra das casas.

RESIDUOS QUE SE RECOLLERÁN

Con este servizo recolleranse mobles, electrodomésticos, aparellos eléctricos e electrónicos e outros residuos voluminosos que polo seu tamaño non podan ser depositados nos colectores municipais.

Pola contra, non se recollerá entullo de obras domiciliarias, nin residuos considerados perigosos segundo a normativa que corresponda.

Dende o Concello da Pobra do Brollón piden á veciñanza a máxima colaboración para manter o concello limpo evitando o depósito de calquera residuo en lugares non permitidos polo gran impacto ambiental negativo que supón tanto polo grave deterioro paisaxístico como pola contaminación dos solos.

O servizo comeza a funcionar o vindeiro 13 de abril cubrindo as seguintes poboacións: Santo Adrián, Saa, A Veneira, Forgas, Covadelas, Castrosante, Ferreiros, A Ferreirúa, Pacios de Veiga e Viduedo.

En vindeiras datas, 20 e 27 de abril, e 4 de maio, o servizo darase a outros núcleos rurais segundo se pode consultar na páxina web do concello.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...