HomeMedio ambiente e PatrimonioA Pobra do Brollón activa de novo o seu Punto Limpo por...

A Pobra do Brollón activa de novo o seu Punto Limpo por parroquias

Comezará o seu percorrido polas parroquias o luns 17 de abril e rematará o 7 de xullo. Na páxina web do concello están detalladas as datas, as parroquias e os lugares onde se situará o Punto Limpo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello da Pobra do Brollón mantense firme nas súas políticas de respecto polo medio ambiente, e un dos temas que lle preocupa é mellorar a xestión dos residuos xerados nos fogares. Para iso pon a disposición de toda a veciñanza un Punto Limpo Móbil que comezará o seu percorrido polas parroquias o luns 17 de abril.

No Punto Limpo Móbil pódense depositar determinados refugallos para a súa posterior reciclaxe, tales como: pilas, medicamentos e os seus envases, lámpadas e tubos fluorescentes, aerosois, aceite usado de cociña, envases baleiros de pinturas, tóners e cartuchos de impresoras.

Este Punto Limpo Móbil visitará todas as parroquias do Concello seguindo un percorrido lóxico para a súa operatividade efectiva. Os usuarios e usuarias poden ver ao detalle as datas, as parroquias e os lugares concretos onde se deixará o Punto Móbil accedendo á web do concello.

Dende o concello piden “colaboración da cidadanía facendo un uso correcto do Punto Limpo Móbil e coidando que se manteña en boas condicións para que toda a comunidade do Concello da Pobra do Brollón poida facer uso del”.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...