HomeMedio ambiente e PatrimonioAbe Rábade presenta 'Botánica' no CourelSon

Abe Rábade presenta ‘Botánica’ no CourelSon

O pianista e compositor compostelán actuará o vindeiro 3 de xuño na aldea de Miraz e estará acompañado do músico e cantante Davide Salvado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Seguindo coa programación do CourelSon 2023, a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel traerá ata o souto de Miraz –aldea da parroquia de Meiraos, no Concello de Folgoso– o vindeiro 3 de xuño ao pianista e compositor Abe Rábade. Presentará o seu traballo ‘Botánica’ nun marco incomparable e estará acompañado do músico e cantante Davide Salvado a partir das 20:30 horas.

O traballo de Abe Rábade está inspirado nas paisaxes tradicionais da nosa terra, nas que o artista se mergulla por completo, sendo este novo traballo ‘Botánica’ un canto á paisaxe viva herdada dos nosos devanceiros.

A actuación de Abe Rábade e Davide Salvado será nun dos escenarios máis espectaculares do Courel, o souto de Miraz, un espazo para celebrar, desfrutando con todos os sentidos, a resistencia da paisaxe tradicional.

Carátula do disco

XORNADA DE VOLUNTARIADO E CHARLA SOBRE SOUTOS

Ademais do concerto, que será de balde para quen queira achegarse, ao longo de toda a xornada a Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel promove, en colaboración coa Fundación Oso Pardo, un traballo de voluntariado de recollida de lixo.

Xusto antes da actuación, as persoas que asistan terán a sorte de desfrutar dunha charla sobre os soutos da man de Pedro Álvarez Álvarez, profesor e investigador da Universidade de Oviedo, unha das persoas que máis sabe destes hábitats no Estado.

O domingo día 4 realizarase unha visita á Fundación Uxío Novoneyra, entidade que colabora coa programación do CourelSon 2023.

CourelSon

O CourelSon é un ciclo de Jazz e Blues itinerante que xorde no ano 2018 impulsado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel. Ao longo do ano prográmanse cinco ou seis concertos noutros tantos pobos ou vilas do Courel para recuperar a música nas airas dos pobos e as aldeas.

O CourelSon nace como un xeito de reivindicar que o mellor espazo natural de Galicia segue vivo grazas ás súas xentes, e como ciclo de música formúlase cunha programación que encaixe co espazo natural que representa o Courel. A música escollida é Jazz e Blues, e non se queren actuacións multitudinarias.

Os seguintes concertos serán: o 23 de xullo en Paderne, o 24 de xullo en Vieiros, o 4 de agosto en Mercurín e o 5 de agosto en Seceda.

ÚLTIMAS

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...

Comeza a mellora da estrada provincial que une Sober e Ferreira por Canaval

Os traballos afectarán ao treito comprendido entre o punto quilométrico 0,100 e o 2,030...