HomesociedadeIV Festa da Cantarela, o 8 de xullo en Paderne do Courel

IV Festa da Cantarela, o 8 de xullo en Paderne do Courel

A IV Festa da Cantarela retoma anteriores edicións nun acto festivo de exaltación deste produto, do seu valor, calidade e posibilidades gastronómicas e comerciais, pero tamén da riqueza e beleza dos espazos naturais da comarca na que se atopa este cogomelo excepcional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel organiza para o 8 de xullo a IV Festa da Cantarela, que se vai desenvolver en Paderne do Courel. As cantarelas representan un dos cogomelos de maior valor comercial e gastronómico pola súa calidade e amplas posibilidades en cociña. É ademais, unha das especies máis representativas e frecuentes da biodiversidade fúnxica asociada os soutos de castiñeiro, representando un potencial recurso e aproveitamento engadido a estes espazos emblemáticos de gran valor ecolóxico, cultural e económico na comarca de Courel e outros territorios de montaña.

Con esta celebración a Asociación pretende poñer en valor e dar a coñecer un recurso e aproveitamento asociado ao territorio, as súas características e múltiples posibilidades, así como promocionar, a través dun acto festivo e turístico, o coñecemento da comarca e os seus valores naturais e culturais. 

Programa da festa

O programa dará comezo o sábado ás 10:30 horas cunha ruta guiada por itinerarios naturais da contorna. A saída estará guiada por membros da Sociedade Micolóxica Lucus e partirá do centro de Paderne (Aira do Quintairo).

Ás 13:00 horas farase a inauguración da festa.

Ás 13:30 horas está prevista unha degustación popular de tapas elaboradas con cantarelas a prezo económico, preparados nas casas rurais do lugar e coa colaboración do chef Héctor López do restaurante España de Lugo.

A partir das 16:00 horas haberá unha representación de instrumentos de música de raíz con Xavier Blanco da Fundación Legar para a preservación da música de raíz. E ás 17:00 horas farase un paseo ata a alvariza rehabilitada do Val Maior.

Colaboran coa celebración desta festa a área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo e o Campus Terra da USC.

ÚLTIMAS

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...

A Oficina de Turismo de Chantada incrementa nun 10,5% os visitantes durante o verán

A Oficina Municipal de Turismo de Chantada despide a tempada de verán 2025 superando...