As asociacións refírense a 1172 carballos, 421 bidueiros e 513 salgueiros, no Rego de Reboredo e Rego de Terra Rubia, a ambos marxes da ribeira, da parroquia de Distriz, en Monforte de Lemos. Co fin de evitar a desfeita estanse presentando alegacións tanto ante a Confederación Hidrográfica como ante a Consellería de Medio Ambiente.
“As afeccións son tan considerables que sorprende que se poda tan sequera expor algo tan desatinado, e doen os ollos solo con ollar o que publica o 24 de Agosto de 2023 o BOP de Lugo e que parece abrir a posibilidade dunha tala masiva”, aseguran desde Ecoloxistas en acción, que engaden, “Doe o corazón ao comprender que a tala constituiría un dano irreparable para o medio ambiente e o conxunto da cidadanía, e suporía un precedente difícil de comprender polas xeracións futuras.”
Insisten en que as afeccións serían múltiples e en cadea unhas con outras. A principal é que afectaría aos chans e aos proceso erosivos, repercutindo na Rede Natura 2000. A zona en cuestión sitúase nunha chaira suxeita a inundación, o que afectaría gravemente aos humidais existentes, ao fluxo fluvial e á conectividade dos ecosistemas. A tala afectaría tamén dun xeito severo a hábitats prioritarios e de interese comunitario, como son as masas maduras de carballeiras, a podería afectar á auga potable da conca do Sil.
A tala afectaría severamente a especies catalogadas coma vulnerables ou en perigo de extinción e vulneraría vulneraría varias leis como a declaración de zonas especiais de conservación dos lugares de importancia comunitaria de Galicia e as relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. “Pero máis que leis, o que vulnera é o sentido común na actual crise climática, onde a única loita con resultados claros é o mantemento dos bosques e a reforestación de territorios con especies autóctonas, capaces de resistir tanto os incendios coma os desaxustes do clima,” aseguran.
Petón do Lobo e Ecoloxistas en Acción Galiza invitan a toda a sociedade a que presente alegacións, pola sociedade de hoxe e a de mañá. Seguindo o indicado no anuncio do BOP de Lugo, o prazo remataría o 24 deste mes, cada quen pode facelas como considere ou tamén pode utilizar un modelo accesible en word e pdf descargandoo da páxina: https://valfluvialdolouridocorcoesto.com