HomesociedadeGandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII...

Gandaría Quintián do Páramo recibe 2 premios de Artesanía Alimentaria na XVIII Cata dos Queixos de Galicia

Esta semana celebrouse en Santiago de Compostela a entrega de premios das Catas de Galicia 2025. Na XXVIII Cata dos Queixos dous recoñecementos recaen na zona sur da provincia. Mourelo da Gandaría Quintián do Páramo recibe Prata e Néboa recibe Bronce en Artesanía Alimentaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou da entrega destes premios que recoñecen aos mellores destes produtos cada ano. En total, contouse coa participación de 31 queixerías, que achegaron 66 mostras, e 28 industrias do mel, con 58 mostras, amparadas polos diferentes distintivos de calidade diferenciada recoñecidos para estes eidos produtivos na comunidade

Gómez destacou que estes recoñecementos axudan a dar visibilidade ao traballo ben feito, “xa que cada bote de mel e cada queixo ten detrás un enorme compromiso coa terra e son un reflexo da Galicia Calidade”. Galicia é a terceira comunidade de España con maior número de selos de calidade diferenciada, concretamente 36, aos que se lle suman Agricultura Ecolóxica e Artesanía Alimentaria. “Isto é mérito de todos e cada un dos produtores galegos”, destacou.

A Consellería do Medio Rural destinará o próximo ano 10 millóns de euros ao Plan Saborea Calidade Diferenciada de Galicia, 2 máis que este 2025, co que se seguirán impulsando este tipo de producións.

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...