HomeMedio ambiente e PatrimonioRecursos do Xeoparque Montañas do Courel presentes no proxecto 'Museos vivos de...

Recursos do Xeoparque Montañas do Courel presentes no proxecto ‘Museos vivos de Galicia’

A Xunta vén de presentar este proxecto grazas ao impulso de varios grupos de desenvolvemento rural. O obxectivo do mesmo é facilitar ao público o acceso ao patrimonio local. Os recursos incluídos no proxecto grazas ao traballo do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel son as Covas das Montañas do Courel (Folgoso do Courel), o Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana e o Centro de Interpretación do Río Sil en Torbeo (Ribas de Sil).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, presidiu o pasado 21 de setembro a presentación de “Museos Vivos de Galicia”, un proxecto de cooperación financiado polo Programa Leader e impulsado por varios grupos de desenvolvemento rural. O seu obxectivo, destacou a directora, pasa por facilitar ao público o acceso ao patrimonio local co fin de divulgar a cultura, as tradicións e os valores medioambientais do rural galego.

O proxecto permitiu mellorar e ampliar a accesibilidade de centros de gran diversidade -de interpretación, museos, aulas de natureza etc.- para que poidan estar plenamente operativos e abertos aos visitantes. Concretamente, mediante unha plataforma intelixente de apertura e videoseguimento, os interesados poden coñecer diferentes lugares de interese turístico e cultural, permitindo así que se poida aproveitar mellor todo este patrimonio.

De feito, para poder acceder a ditos lugares de interese, os visitantes deben rexistrarse no portal dixital da rede, indicando o día e hora que teñan previsto para a súa visita. Unha vez realizado ese paso, facilítaselles un código que lles permite entrar no local.

Nesta rede de Museos Vivos de Galicia están o Centro de interpretación das Covas das Montañas do Courel (Folgoso do Courel), a aula da natureza Brañas de Valga (Mesía), a Basílica da Asunción (Allariz) o Centro de Interpretación do Río Sil (Torbeo / Ribas de Sil) e o Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana (San Clodio / Ribas de Sil).

Inés Santé lembrou que a cooperación entre os diversos grupos de desenvolvemento rural destas zonas, tales como o GDR Ribeira Sacra – Courel, o GDR Comarca de Ordes e o GDR Limia-Arnoia, permitiron crear esta primeira rede a nivel autonómico. Ademais, esta colaboración traspasa fronteiras ao incluír outros lugares de interese ubicados na comunidade autónoma de Castela e León, promovidos tamén polos seus correspondentes grupos de acción local.

FOMENTO DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN

A directora xeral fixo fincapé nas axudas que cada ano convoca o seu departamento para financiar proxectos de cooperación e que na última convocatoria 2022-2023 destinouse preto de un millón de euros para apoiar este tipo de iniciativas.

O obxectivo destas axudas é que os 24 grupos de desenvolvemento rural colaboren entre si con proxectos que traspasan o seu ámbito territorial e incluso colaboren con asociacións do resto de España, da Unión Europea ou nos territorios de terceiros países, que teñan intereses comúns nun determinado ámbito, sempre relacionado co desenvolvemento local Leader e con vistas a favorecer a aprendizaxe mutua e buscar solucións comúns a problemas concretos.

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...