HomeMedio ambiente e PatrimonioVilamor do Courel acolle o 30 de setembro o II Filandón...

Vilamor do Courel acolle o 30 de setembro o II Filandón das Rapatoxas

A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel organiza o II Filandón das Rapatoxas, actividade coa que se pretende poñer en valor o labor do voluntariado xestionado pola coordinadora autoorganizada das aldeas, que desde o primeiro día traballa para borrar a pegada do lume.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta xornada combinarase o lecer das tradicións ligadas á vida rural da Serra do Courel co traballo do voluntariado. O programa comeza ás 10:30 horas co obradoiro ‘Crear comunidade’ que imparte Rexenerando S.Coop.Galega. As prazas son limitadas e pódense reservar chamando ao 657 07 58 12.

Á mesma hora haberá unha acción para eliminar piñeiros e mimosas no monte comunal. Esta actividade tamén conta con prazas limitadas, polo que para participar é preciso chamar ao 639 82 56 22. Ás 13:30 entregarase o premio colectivo á veciñanza do Courel pola súa reacción ante os lumes, que correrá a cargo da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega).

A partir das 16:30 horas, a Cooperativa Outonía encargarase de impartir un obradoiro de superación do trauma despois dos lumes. A xornada rematará con música a cargo de Col&flor a partir das 19:00 horas.

A asociación ultima tamén a elaboración dun mural colaborativo, a partir de material e técnicas vernáculas cun deseño contemporáneo, no palco da música de Vilamor. Este traballo será supervisado pola artista, Caropla Carrot. A asociación pretende que o mural sexa un símbolo do novo Courel tras a vaga de lumes que afectou á serra no verán de 2022.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...