HomeMedio ambiente e PatrimonioQuiroga busca revalorizar o Túnel Romano de Montefurado coa axuda da CHMS

Quiroga busca revalorizar o Túnel Romano de Montefurado coa axuda da CHMS

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera e o primeiro tenente de Alcalde, Vicente Parra Vizcaíno, reuníronse con José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, nas inmediacións do Túnel Romano de Montefurado para abordar a mellora da súa contorna.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As áreas de Cultura e Turismo do concello de Quiroga teñen proxectado buscar un novo enclave, con fácil acceso, dende o que se poda ver a boca de entrada do túnel romano, por iso na xuntanza falouse das acciones necesarias para acondicionar, divulgar e valorizar o túnel e o meandro seco do Sil en Montefurado.

O obxectivo é acondicionar para uso público e poñer en valor a explotación aurífera romana na que se atopa o túnel de Montefurado, a través da instalación de diferentes recursos interpretativos, ademais de mellorar o recorrido polo meandro seco do Sil.

No encontro acordouse a redacción dun convenio entre ambas administracións que posibilite as actuacións, no que se establecerán as condicións de colaboración para a financiación e a execución das obras e o réxime de entrega das mesmas para o seu mantemento e conservación pola Administración Local.

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...