HomeMedio ambiente e PatrimonioRematan as obras de restauración e conservación da igrexa de San Vicente...

Rematan as obras de restauración e conservación da igrexa de San Vicente do Pino despois de 4 anos

O vindeiro domingo, 29 de outubro, está prevista a cerimonia relixiosa de apertura da igrexa de San Vicente, presidida polo bispo de Lugo, á que previamente o Concello colaborará no traslado das imaxes de San Brais e a patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat, que actualmente están na igrexa da Régoa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xestións entre o concello e o Ministerio de Cultura, fixeron posible a obtención das axudas que permitiron desenvolver as obras de conservación e alumeado da Igrexa, que comenzaban no 2019. Fixéronse actuacións nas pinturas murais do presbiterio, a nave central e muro norte do cruceiro, o retablo maior e o retablo en pedra do cruceiro do Mosteiro de San Vicente do Pino.

O proxecto sacou á luz unha pintura mural en bo estado de conservación, intervindo e documentando esta decoración inédita cun gran interese histórico e documental. Estas actuacións de intervención, conservación e restauración contaron cun investimento de 646.319 euros. Tamén se solicitaron ó Ministerio axudas para a reforma da iluminación interior do templo, para o que se concederon 41.000 euros.

Este luns, o Alcalde de Monforte, José Tomé Roca,  e o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, supervisaron o acabado das obras de restauración e mellora da igrexa de San Vicente do Pino. Acompañáronos a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada.

Tamén estiveron presentes o Vicario xeral e Deán da catedral de Lugo, Mario Vázquez, o director do departamento histórico-artístico da Diócese, Jesús Álvarez,  o Delegado episcopal de liturxia, relixiosidade e patrimonio histórico-artístico, José Antonio Ferreiro, o párroco de San Vicente, Rafael Mella, así como as Camareras da Virxe. O conxunto destas actuacións permite a apertura deste templo para os monfortinos e monfortinas, así como para os turistas que pasen polo municipio, celebrando o domingo, 29 de outubro, a cerimonia relixiosa de apertura da igrexa de San Vicente.

O Goberno de España vén de investir neste ano preto de 12 millóns de euros no municipio de Monforte. Entre as actuacións expostas, o delegado subliñou o Programa Único – Banda Ancha para levar fibra de alta velocidade a 1.640 empresas e vivendas a través de 271 proxectos a Monforte de Lemos; así como as axudas para rexeneración e renovación de edificacións urbanas ou proxectos en eficiencia enerxética, entre outros.

ÚLTIMAS

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...

457.000€ para mellorar o servizo de recollida de lixo no Saviñao

Entre o novo material destaca un camión con sistema de carga traseira, destinado á ...

Dous meses de actividades educativas e de concienciación en Chantada para celebrar o 8M

A programación de actividades comezará o venres, 6 de marzo, co contacontos, “Somos iguais...

O luns, 2 de marzo, abre o novo Ximnasio Municipal  

Coa apertura do novo ximnasio complétase a renovación integral do Complexo Deportivo da Pinguela,...