HomeMedio ambiente e PatrimonioMural no Camiño Francés en Sarria para homenaxear á muller rural

Mural no Camiño Francés en Sarria para homenaxear á muller rural

As paredes dun cuberto situado no lugar de Perros, na parroquia sarriá de Santo Estevo de Calvor, locen desde hai días un espectacular mural exterior que representa a varias mulleres vestidas co traxe típico rexional galego e que pretende homenaxear a todas as mulleres do rural de Galicia

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A obra da artista mural bilbaína, Eva Mena, está financiada a través dun convenio para a mellora paisaxística e promoción do Xacobeo no Camiño Francés, asinado pola Axencia de Turismo de Galicia, a Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e os concellos que forman parte dela, entre os que se atopa Sarria.

Reyes Abella, concelleira do Camiño de Santiago e Turismo adianta que a pretensión do concello de Sarria é que varias muralistas mulleres realicen ao longo do presente mandato diferentes murais exteriores en puntos do Camiño Francés ao seu paso por Sarria, seguindo en todos eles o fío argumental de homenaxear á muller rural galega. O goberno local agradece á veciña de Perros, Josefa López Somoza a cesión do alpendre da súa propiedade para a realización deste primeiro mural.

Xornadas de promoción e difusión do Camiño Francés en Potes

Reyes Abella e a técnica de Turismo do Concello de Sarria, Fátima López, participarán a vindeira semana nas Xornadas de promoción e difusión do Camiño Francés que se celebrarán o luns e o martes na localidade cántabra de Potes e que están coordinadas pola Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e a Fundación Camino Lebaniego de Cantabria. O martes 24 de outubro, ás 10.30 horas, Reyes Abella e a vicepresidenta da mancomunidade, Begoña Balado, disertarán sobre “O valor do peregrino nas poboacións rurais. Infraestruturas e servizos en zonas con despoboamento rural. Modelos de éxito no Camiño Francés”. Pola súa parte, o mesmo martes Fátima López intervirá ás 12.00 horas na mesa redonda “Os camiños de peregrinación como ferramentas para dinamizar o tecido socioeconómico do medio rural”, xunto co concelleiro de Comercio de Melide, Xosé Igrexas, e a técnica de xestión da mancomunidade, Socorro Pernas.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...