HomeMedio ambiente e PatrimonioA Pobra do Brollón debateu sobre a importancia das actividades agrogandeiras na...

A Pobra do Brollón debateu sobre a importancia das actividades agrogandeiras na prevención dos lumes

A Pobra do Brollón vén de celebrar a xornada “As actividades agrogandeiras fronte aos incendios na montaña”, organizadas pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

No encontro gandeiras e gandeiros e persoal técnico expuxeron proxectos de silvopastoreo e gandaría extensiva que se están a desenvolver en distintos puntos de Galicia, incidindo na importancia destas iniciativas na prevención dos lumes.

Entre eles, iniciativas como a de José Manuel Espiño Iglesias da CMVMC de Carballo, no concello de Friol, beneficiario dunha axuda para desenvolver alpendres móbiles para gando cabrún.

Este proxecto conta tamén co apoio directo da área de Rural da Vicepresidencia a través do programa O que non arde.

ÚLTIMAS

Pepo Suevos: “subirei ó escenario coa mente en branco e a ver onde me leva a comedia”

Monforte empeza o ano 2026 con comedia e faino o día 2 de xaneiro...

Os Polos de Emprendemento da provincia asesoran a 1.100 proxectos e crean 90 empresas

Esta iniciativa da Xunta de Galicia, despregada progresivamente desde xullo de 2022, ofrece asesoramento...

A MESA Lemos organiza unha actuación para público familiar coincidindo co Mercado de Nadal de Pantón

Este ano o concello que colabora é o de Pantón e a actividade realizarase...

Monforte entrega case 15.000€ repartidos en 55 axudas ao transporte do alumnado

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana a concesión de axudas que suman...