O Plan de Xestión da materia orgánica do Concello de Monforte conta con dúas liñas de actuación, unha que achega unha solución para a zona urbana e outra, que contemplou un servizo para todas as vivendas con parcelas e hortas, tanto no centro urbano como nas diferentes parroquias do Concello.
O Plan engloba a todos os veciños censados na cidade e a grandes produtores, como son supermercados, restaurantes, centros de saúde, residencias, o Hospital Comarcal ou outros organismos que xeren grandes cantidades deste tipo de residuos orgánicos.
O Plan está implantado na súa totalidade no eido rural con 253 composteiros nos que se investiron 26.327,18€.
Na zona urbana, a recollida faise a través de 3 tipos de actuacións:
- Recollida no eido urbano, con cubos marróns, moi similar ao sistema de cubeo.
- Recollida na zona periurbana, a través de colectores con pechadura, para o cal será necesario solicitar unha chave.
- Recollida a grandes produtores.
Para levar a cabo a recollida dos residuos orgánicos, o Concello adquiriu un camión recolector por 167.827€ e unha trituradora para restos vexetais por 29.766€.
Recollida en zonas periurbanas e contedor marrón
Na zona periurbana da cidade, concretamente en 19 puntos, o Concello instalou inicialmente 22 contedores de carga traseira de 360 litros con pechadura, é dicir, ábrense cunha chave, para evitar cheiros ou que animais poidan acceder ós restos depositados.
Son contedores destinados a cubrir as zonas ás que non chega o sistema de cubeo urbano. En total o Equipo de Goberno adquiriu con 66 contedores deste tipo, que se irán ubicando segundo as necesidades do servizo. O custe destes 66 contedores de 360 litros das zonas periurbanas foi de 11.589,70€ e o custe das 2.750 chaves é de 6.987,75€
Para poder utilizar estes contedores das zonas periurbanas, os veciños teñen que solicitar unha chave ben a través dun formulado na páxina principal da web do Concello, nas carpas informativas desta campaña, ou no propio Concello. A recollida destes colectores de zonas periurbanas levarase a cabo 3 veces por semana.
Os cubos actuais de lixo seguirán con recollida diaria, dende as 7 da tarde ata as 11 da noite. Os cubos para a recollida da materia orgánica, que serán de color marrón, colocaranse ó lado dos da fracción resto e recolleranse en días alternos.
A previsión inicial é colocar aproximadamente uns 265 contedores marróns cada día. Son cubos de 100 litros, e o Concello conta cun total de 660 unidades para esta parte do servizo, que teñen unha partida orzamentaria de 21.721,92€.
Ós veciños interesados en participar neste programa, ademais da chave para poder facer uso dos contedores da zona periurbana, o Concello tamén lles proporcionará un folleto informativo coas claves para facer axeitadamente a separación deste tipo de residuos, e un caldeiro de 40 litros para que leven a cabo esa recollida nas súas casas, e o correspondente traslado dos residuos ata o contedor habilitado.
Para poder solicitar esta chave, o cubo de 40 litros e o folleto informativo, os interesados poden facelo de 4 formas:
- A través do formulario colgado na páxina web do Concello, colocado nun banner na portada principal, formulario que terán que cumplimentar cos seus datos completos.
- Poden acudir ó propio Concello, presencialmente, onde lles axudarán a cubrir dito formulario, e unha vez se comprobe que os seus datos son correctos, recibirán os materiais da campaña.
- Poden facelo tamén por teléfono, chamando ó 982 402 501 e especificando que solicitan participar neste programa, e unha vez validados os seus datos, poderán acudir ó Concello a recoller os materiais.
- Nas carpas informativas que se seguirán habilitando nas vindeiras semans para seguir informando desta campaña, xa que queremos que o maior número posible sexan coñecedores dela e participen na mesma.
O Concello adquiriu 2.500 cubos-caldeiros de 40 litros cun custe de 13.461,25€.
A fin de comprobar si os residuos depositados no contedor marrón faranse análises periódicas. Neste colector poden depositarse restos de froita e verdura, restos de carne e peixe, cunchas de marisco ou froitos secos, restos de pan, restos de café e infusións, papel de cociña, restos de plantas, tapóns de cortiza, etc. Non pode depositarse, comida envasada, cueiros, compresas, bastonciños de algodón, cabichas e paquetes de tabaco, cápsulas de café, roupa, papel de aluminio, plásticos e envases, cabelos, etc.
Este Plan de Xestión da Materia Orgánica de Monforte, conta cun orzamento inicial de 337.000 euros (337.194,02€), dos cales máis de 81.000€ (81.568,85€) están destinados á zona rural e máis de 255.000€ (255.625,17€) ás zonas urbana e periurbana. A eles hai que engadir os gastos derivados do uso do camión de recollida (mantemento, combustible) e do persoal destinado a este novo servizo, que superarán os 100.000 €.