HomeMedio ambiente e PatrimonioO arquivo do Pazo de Froián doado ao Instituto de Estudos Galegos...

O arquivo do Pazo de Froián doado ao Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento

O acto de doazón tivo lugar o martes 12 de marzo na sede da entidade, situada en Santiago, coa participación de representantes do CSIC e da familia propietaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O arquivo do Pazo de Froián, en Sarria, foi doado ao Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento, entidade mixta da que forman parte o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Xunta.

O fondo está integrado por documentación histórica que abrangue desde a primeira metade do século XVI ata as primeiras décadas do século XX sobre a vida do interior galego, fundamentalmente, dos municipios lucenses de Sarria, Samos, Bóveda e O Incio.

“A documentación señorial, de pazo, non é só aristocrática, senón que nela son protagonistas non só os homes e as mulleres da nobreza, senón os de toda condición, unha constelación de persoas do mundo rural que tamén axudaron a forxar o que hoxe é Galicia, España e mesmo América”, sinalou o director do IEGPS, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda.

No arquivo doado hai unha ducia de caixas de documentación que rolda o milleiro de escrituras manuscritas nas que se nomean as liñaxes de familias como os Guitián, Losada, Ribadeneira, Sánchez de Orozco, os Quiroga ou Gayoso, actuais propietarios do pazo. Atópanse tamén testamentos, partillas, escrituras de compra e venda, foros, arrendamentos, avinzas, apeos, executorias de preitos, apuntamentos xenealóxicos e outros manuscritos referentes á xestión e administración de bens e cobros de rendas.

“Trátase, en definitiva, dun conxunto documental que foi instrumento para a administración dun patrimonio e a xustificación de dereitos diversos que adquiren agora a condición de refuxio da historia familiar e, en consecuencia, da historia social”, sinalan dende o Instituto de Estudos Galegos Pai Sarmiento.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...