HomeMedio ambiente e PatrimonioMonforte sumouse este sábado á iniciativa de WWF “A Hora do Planeta”

Monforte sumouse este sábado á iniciativa de WWF “A Hora do Planeta”

A explanada da Compañía e o Conxunto monumental de San Vicente quedaron este sábado, 23 de marzo, sen iluminación dende as 20:30 e ata as 21:30 horas, nun xesto simbólico de apoio na loita contra o cambio climático.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con este xesto a Equipo de Goberno do Concello amosa o seu apoio á organización para a defensa da natureza WWF, que este ano baixo o lema Dalle unha hora ó planeta, pretende mobilizar a tódalas cidades do mundo para demostrar o apoio global contra o cambio climático.

Esta iniciativa, promovida por la Asociación WWF comezou no 2007 en Sidney, como un xesto simbólico para chamar a atención sobre o problema do cambio climático. Un sinxelo xesto que consiste en apagar as luces de fogares, negocios, edificios e monumentos durante unha hora. Unha acción que cos anos converteuse nun movemento mundial do que xa forman parte miles de cidades de 188 países, que en pasadas edicións apagaron máis de 17.000 monumentos e edificios emblemáticos.

A Hora do Planeta une a cidadáns, empresas, concellos e institucións para loitar contra o cambio climático e a perda de biodiversidade;  trátase da maior iniciativa mundial na defensa do medio ambiente, á que o Concello de Monforte vense sumando dende hai anos.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...