HomeMedio ambiente e PatrimonioA Xunta reactiva as notificacións para queimas agrícolas

A Xunta reactiva as notificacións para queimas agrícolas

Dende o martes 26 de marzo poderanse facer novamente notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares, tanto dende a web habilitada como a través do teléfono 012.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia decidiu volver activar os permisos para queimas agrícolas de particulares. Permiso que se pode activar a través da páxina web ou chamando ao 012.

A maiores, os particulares que dispoñan dun permiso vixente antes da prohibición do pasado 21 de marzo, poderán realizar as queimas dende o 26 de marzo. Aquelas/es que soliciten un novo permiso, deberán ter en conta que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa.

No portal da internet destinado a comunicar as queimas de restos agrícolas amoreados os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”.

PARA INTERESADOS/AS QUE CHAMEN AO 012

Aos interesados ou interesadas que chamen ao 012 para comunicar a queima preguntaráselles tamén ao respecto, para que confirmen se se trata do tipo de material e circunstancias indicadas e poder continuar co proceso de comunicación.

QUEIMAS DE RESTOS FORESTAIS

A maiores, tamén se retoman desde o 26 as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso, como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa dado o maior risco da actuación.

ÚLTIMAS

pavillón sarria

A XUNTA INVISTE 60.000 EUROS NA MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA DO PAVILLÓN DEPORTIVO DE...

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...