HomeMedio ambiente e PatrimonioA Ribeira Sacra retoma oficialmente a candidatura para ser "Patrimonio Mundial da...

A Ribeira Sacra retoma oficialmente a candidatura para ser “Patrimonio Mundial da Unesco” en 2026

O Consello do Patrimonio Histórico Español decidiu este 5 de abril aprobar por unanimidade que a candidatura da Ribeira Sacra sexa a proposta de España para inscribirse na Lista de Patrimonio Mundial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, vén de anunciar que o Consello do Patrimonio Histórico Español decidiu hoxe aprobar por unanimidade que a candidatura da Ribeira Sacra sexa a proposta de España para inscribirse na Lista de Patrimonio Mundial. O anuncio chega tras a xuntanza celebrada na illa da Palma na que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, e os técnicos do equipo redactor. 

Deste xeito retómase oficialmente o proceso de candidatura tras o aprazamento estratéxico do ano 2021 e con vistas a que sexa abordada na sesión do Comité do Patrimonio Mundial no ano 2026. O Consello do Patrimonio Histórico Español, órgano de coordinación entre o Estado e as comunidades autónomas, valorou positivamente a proposta da Xunta de Galicia para acadar o máximo recoñecemento da Unesco para esta zona das provincias de Lugo e Ourense á que se referiu o conselleiro en funcións como “un exemplo de resistencia e calidade que serve de inspiración para todo o Estado”.

“En Galicia nunca deixamos de crer nas posibilidades da Ribeira Sacra e esta é, sen dúbida, unha moi boa nova para todos porque poñer en valor e protexer este territorio é algo que asumimos como un gran reto de país”, afirmou o responsable autonómico de Cultura. Neste senso, agradeceu o apoio unánime do Estado e as comunidades autónomas e lembrou que o aprazamento estratéxico aproveitouse para “reformular, fortalecer, mellorar e ampliar a candidatura co fin de acreditar con toda a forza os valores excepcionais cos que conta este territorio”.

O titular en funcións da Consellería aproveitou a ocasión para felicitar a todos os técnicos, axentes, concellos, deputacións e entidades implicadas polo traballo realizado dende o 2017 e nomeadamente dende o 2021, ano no que se deu un paso atrás para presentar máis adiante, e con máis consistencia, a candidatura.

Román Rodríguez, tras a xuntanza celebrada na illa da Palma na que estivo acompañado pola directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez. EFE/Luis G. Morera
SEGUINTES PASOS

Agora, a candidatura da Ribeira Sacra pasará a ser a proposta de España para a súa remisión á Unesco e a posterior avaliación no Comité do Patrimonio Mundial coa vista no 2026.

Ao longo deste ano, o equipo técnico redactor, en colaboración co Ministerio de Cultura, deberán completar o expediente desde o punto de vista formal co fin de cumprir coas directrices operativas da Unesco. Posteriormente, o informe será presentado no Centro de Patrimonio Mundial da Unesco, localizado en París, en febreiro de 2025 para a súa avaliación polos órganos consultivos. 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...