HomeMedio ambiente e PatrimonioCrean unha comisión para a ordenación da navegación da Ribeira Sacra

Crean unha comisión para a ordenación da navegación da Ribeira Sacra

A comisón está composta por Confederación Hidrográfica e Xunta de Galicia para a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Publicado o

- Advertisement -

Representantes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e da Xunta crearon unha comisión de ordenación da navegación na Ribeira Sacra de cara á candidatura de Patrimonio da Humanidade. Nun comunicado, o presidente da CHMS –organismo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica–, José Antonio Quiroga, informa de que se busca avanzar na procura de solucións que eviten a degradación da Ribeira Sacra.

Así, Quiroga e o comisario adxunto, Alberto de Anta, mantiveron un encontro de traballo coa Administración autonómica, representada polo director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; a directora de Patrimonio Natural, Marisol Diaz; e o subdirector de Conservación e Restauración de Patrimonio Cultural, Manuel Chain.

Ademais de establecer unha mesa de diálogo, durante o encontro tamén se constituíu a comisión de seguimento representada polas autoridades presentes. Busca velar polo cumprimento das solucións técnicas acordadas a nivel técnico, cuxo “obxectivo último é harmonizar o uso sustentable do río, co valor paisaxístico e patrimonial da Ribeira Sacra, imprescindible para unha nova candidatura a Patrimonio da Humanidade”, explicou Quiroga.

Igualmente, deuse conta dos resultados do ‘Estudo sobre a navegación e a atracada na Ribeira Sacra’, elaborado pola CHMS e finalizado en decembro de 2023.

Ambas as Administracións quedaron emprazadas en datas próximas para novas reunións a nivel técnico, “co interese de concluír as solucións para esta zona protexida, de referencia a nivel mundial, na que o turismo constitúe un recurso económico fundamental”, incidiu o presidente.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...