HomeMedio ambiente e PatrimonioNovos pasos para activar a candidatura da Ribeira Sacra de cara a...

Novos pasos para activar a candidatura da Ribeira Sacra de cara a ser Patrimonio Mundial da Unesco

Este venres 28 de xuño tivo lugar unha reunión da Comisión Interdepartamental da Ribeira Sacra, organismo que coordina as accións para impulsar a renovación do Plan de Xestión da Ribeira Sacra. Documento este no que se van fixando os pasos a dar para que este territorio sexa declarado como Patrimonio da Humanidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia vén de impulsar a renovación do Plan de Xestión da Ribeira Sacra de cara a establecer os vindeiros pasos a dar pola candidatura ‘Paisaxe da auga: Ribeira Sacra‘, seleccionada polo Consello do Patrimonio Histórico como a proposta oficial de España para ser declarada patrimonio mundial pola Unesco en 2026.

Así o anunciou a directora xeral de Patrimonio Cultural, Mª del Carmen Martínez, tras a reunión da Comisión Interdepartamental da Ribeira Sacra que coordina as accións deste plan dun xeito integral.

PLAN DE XESTIÓN DA RIBEIRA SACRA

Este documento é moi importante para a candidatura porque ten por obxecto “garantir a  axeitada xestión da paisaxe cultural da auga da Ribeira Sacra”. Con este fin, segundo apuntou a directora xeral de Patrimonio Cultural, téñense artellados programas, nos que participan diferentes departamentos da Xunta de Galicia, “que inclúen diferentes accións de vital importancia para a ordenación, desenvolvemento e protección do territorio, a paisaxe e o seu patrimonio cultural”.

NOVOS PASOS PARA IR COMPLETANDO O EXPEDIENTE

Mª del Carmen Martínez enmarcou a reunión deste venres da Comisión Interdepartamental da Ribeira Sacra nesta “nova etapa” na que traballa o Goberno galego no seu camiño cara o obxectivo final: ser declarada como Patrimonio Mundial da Unesco. Ao respecto, adiantou que, ao longo do ano, o equipo técnico redactor, en colaboración co Ministerio de Cultura, deberán completar o expediente desde o punto de vista formal co fin de cumprir coas directrices operativas da Unesco.

Posteriormente, a documentación será presentada no Centro de Patrimonio Mundial da Unesco de París en setembro deste ano, á que se lle engadirá unha nova entrega cos avances nestes informes en febreiro de 2025. Trátase de que toda a documentación sexa avaliada polos órganos consultivos antes da súa valoración no Consello do Patrimonio Histórico, que ten prevista a súa sesión para o segundo semestre do ano 2026. 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...