HomeMedio ambiente e Patrimonio175 profesores de toda España adquiriron coñecementos de xeoloxía no Xeoparque Montañas...

175 profesores de toda España adquiriron coñecementos de xeoloxía no Xeoparque Montañas do Courel

Foi grazas ao XXII Simposio sobre a Ensinanza da Xeoloxía que rematou o pasado venres 12 de xullo despois de seis días de conferencias, mesas redondas, talleres e visitas ao territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este pasado venres quedou clausurado o XXII Simposio sobre a Ensinanza da Xeoloxía que se celebrou nas Montañas do Courel grazas á Deputación de Lugo, que achegou 20.000 € para a súa organización á Asociación Española para a Ensinanza das Ciencias da Terra (AEPCT).

O peche oficial ás xornadas tivo lugar no Auditorio de Quiroga coa presenza de diferentes autoridades. Entre elas, a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto; e o Presidente do Xeoparque e Tenente de Alcalde do Concello de Ribas de Sil, Roberto Castro.

Porto destacou eventos como este, “que chegan ao rural e son verdadeiras apostas para contribuír ao equilibrio territorial”, e lembrou o apoio da Deputación de Lugo “fomos a principal administración galega que traballou xunto cos Concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil para conseguir a declaración de Xeoparque Mundial Montañas do Courel, o primeiro recoñecido en Galicia no ano 2019”.

A deputada provincial agradeceu tamén o labor dos docentes por inculcar a conciencia polo medio ambiente ás novas xeracións, sinalando que aínda que o patrimonio natural sexa un legado de séculos e que “pareza eterno”, “a súa fortaleza o fraxilidade depende dos coidados permanentes que cada xeración é capaz de prestarlle”.

Clausura do XXII Simposio sobre Ensinanza da Xeoloxía no Auditorio Municipal de Quiroga. Foto: Prensa Deputación de Lugo.
XXII SIMPOSIO SOBRE ENSINANZA DA XEOLOXÍA

O programa do XXII Simposio sobre a Ensinanza da Xeoloxía que tivo lugar estes días no Xeoparque do Courel contou cun amplo programa de actividades entre as que destacaron conferencias, mesas redondas, talleres e actividades culturais e lúdicas para 175 profesores especialistas de toda España interesados en cuestións de interese científico e didáctico que teñen que ver coa xeoloxía.

A relevancia a nivel nacional deste encontro, coa transcendencia divulgativa e promocional que tivo tamén para o territorio, dálle un pulo importante ao Xeparque como xeodestino contribuíndo ademais á dinamización económica local durante uns días coa presenza dun elevado número de participantes.

“Penso que o exemplo deste simposio, e o éxito da fórmula do xeoparque, é un sinal de que imos polo bo camiño. De que a conciencia medioambiental non só se consolida, senón que crece ampliando os seus horizontes”, valorou finalmente Pilar García Porto.

Unha das xornadas que contou coa presenza de alcaldes dos Concellos do Xeoparque. Foto: Xeoparque Montañas do Courel.

ÚLTIMAS

A Oficina de Turismo de Chantada obtén as certificacións de “Q  Calidade Turística” e “S Sostibilidade Turística”

O ICTES, Instituto para a calidade turística española e a sostibilidade vén de conceder...

Transporte adxudica obras de mellora en tramos da N-120 e da N-540

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible adxudicou por 13.690.415,53 euros, IVE incluído, un...

Obras na LU-P-4103, en Ferreira de Pantón

A Deputación Provincial de Lugo informa de que ata finais de decembro, a circulación...

‘Castelao’, obra teatral de Culturactiva Produccións, en Quiroga

Culturactiva Produccións presenta este mércores 3 de decembro a obra “Castelao”. Esta actividade está...