HomeMedio ambiente e PatrimonioSamos celebra a súa tradicional Feira da Ponte de Lóuzara

Samos celebra a súa tradicional Feira da Ponte de Lóuzara

A xornada, que reuniu a numerosos veciños e visitantes, comezou ás 10:00 horas coa apertura dos postos de exposición e de venda de produtos de artesanía. A programación tamén incluíu diversas actuacións musicais e bailes tradicionais a cargo de asociación da comarca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, asistiu este sábado, xunto a outras autoridades, á décimo quinta edición da Feira da Ponte de Lóuzara, no concello de Samos.

A institución provincial realiza unha achega conxunta de 4.000€ para a celebración desta cita e da Feira de Artesanía que se celebrou o pasado domingo, 11 de agosto. Esta colaboración enmárcase dentro do Plan Deputación 2024.

Carlos López puxo en valor que “a Feira da Ponte de Lóuzara é un evento completamente asentado no noso calendario e supón un importante revulsivo económico para toda a zona. Ademais tamén contribúe a dinamizar a vida social e económica do municipio”.

ÚLTIMAS

Dáse a coñecer o cartel oficial da XXII Feira Medieval de Monforte

Esta mañá presentouse en rolda de prensa a imaxe gráfica representativa dun dos eventos...

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...