HomeMedio ambiente e PatrimonioRestauración do retablo lateral esquerdo da igrexa de Sta María Magdalena da...

Restauración do retablo lateral esquerdo da igrexa de Sta María Magdalena da Seara

As obras, que contan cunha achega económica da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, comezaron este luns 19 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa a restauración do retablo lateral esquerdo da igrexa de Sta María Magdalena da Seara, en Quiroga, cun orzamento de 12.039,50 € (IVE incluído). As obras comezaron este luns 19 de agosto e está previsto que rematen en menos de catro meses.

A igrexa de Sta. María Magdalena da Seara está apartada da aldea, domina desde a parte alta do leste a poboación, acentuando o seu aspecto de fortaleza. O edificio de raíces medievais presenta na actualidade amplos sectores do século XVI e reformas moito máis recentes como o morteiro de cal e area que o recubre.

O retablo da nave lateral esquerda obxecto da restauración é un pequeno altar barroco de madeira de castiñeiro, policromado e dourado. Consta de predela con portiña, corpo único, ático e tres rúas divididas por columnas salomónicas, e conserva a imaxe escultórica exenta da Virxe co Neno, que indica a súa advocación. Acomódase sobre un banco de mampostería revestida de morteiro e se apoia ao muro mediante ancoraxes de madeira e ferro.

Traballos de restauración. Foto: Jesús Río Ramilo.
ESTADO DE CONSERVACIÓN ACTUAL DA IGREXA

O edificio atópase nun moi deficiente estado resultado de antigas afeccións directas de humidade e calor. Amosa patoloxías tales como graves desaxustes estruturais e de ancoraxes que se traducen en perdas volumétricas, desplomes, gretas, fisuras e afeccións de insectos xilófagos. No relativo á capa pictórica, destaca o seu alarmante debilitamento, con disgregación e estendida perda de estratos polícromos. En superficie, acumulación de po e restos orgánicos. Sinalarase que a imaxe da Virxe amosa un repinte que cubre por completo a policromía orixinal.

Retablo da nave lateral esquerda obxecto da restauración. Foto: Jesús Río Ramilo.
TRABALLOS A REALIZAR
  • Fixación de urxencia da policromía.
  • Desmontaxe do retablo. Siglado de pezas.
  • Limpeza superficial.
  • Desinsectación curativa-preventiva.
  • Consolidación do soporte con resinas acrílicas e/ou epoxídicas, co fin de recuperar a súa consistencia.
  • Limpeza de policromías. Na imaxe da Virxe, retirarase o repinte co obxecto de recuperar, na medida do posible, a súa orixinalidade.
  • Consolidación de estratos polícromos disgregados e desprendidos, preferentemente con colas orgánicas de orixe animal.
  • Axustes estruturais con madeira das mesmas características ás do retablo, co fin de recuperar o equilibrio e solidez do mesmo.
  • Reconstrucións volumétricas, caso de ser necesario, para recuperar a estabilidade formal e estética.
  • Estucado e reintegracións cromáticas, respectando as perdas de estratos polícromos.
  • Protección final, preferentemente con resinas naturais con aditivos de protección ultravioleta.
  • Montaxe do retablo con illamento (da base e das ancoraxes) e saneamento ou substitución de ancoraxes.
  • Redacción de memoria final da restauración.

ÚLTIMAS

Aprobado o proxecto do trazado da última fase da autovía que une Lugo e Sarria

O Consello deu luz verde ao proxecto e ao estudo de impacto ambiental no...

CIG Saúde alerta da situación do servizo de pediatría no Hospital de Monforte

Aseguran desde CIG Saúde que levan meses denunciando a falta de man esquerda da...

A sostibilidade do turismo en Galicia: os riscos da turismofobia

O encontro ten por obxecto abrir un diálogo técnico, baseado en datos e achegas...

Olga Novo, protagonista na celebración do ‘Día das escritoras’

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu o pasado 9 de outubro...