HomePolíticaO BNG reclámalle á Xunta que paralice as obras para unha canteira...

O BNG reclámalle á Xunta que paralice as obras para unha canteira en Montefurado

O BNG vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento para esixirlle á Xunta a paralización cautelar das obras para unha canteira de lousa na parroquia de Montefurado, no concello de Quiroga, "que ameazan o túnel romano construído hai arredor de dous mil anos para extraer unha reserva de ouro que se encontraba no río Sil".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O deputado do BNG na comarca, Iago Suárez, denuncia que estas obras para a mina de lousa recomezaron hai unhas semanas despois de anos de parálise e das queixas e alegacións por parte da veciñanza da parroquia de Montefurado e do propio Concello de Quiroga. “O Goberno galego ten que reconsiderar a súa posición o poñerse do lado da defensa do noso patrimonio sen ningún tipo de escusa”, advirte Suárez, que denuncia que a Xunta “como de costume, actuou con opacidade” con respecto á concesión que afecta a “unha das xoias máis dignas de protección do sur de Lugo”.

É por iso que reclama á Xunta do PP que revise a concesión que, segundo transcendeu, foi outorgada á empresa no ano 2019. A revisión faise imprescindible, argumentou, porque a mina afecta a un territorio considerado Ben de Interese Cultural, porque está na contorna do Camiño de Inverno e, ademais, porque afecta directamente até a catro núcleos de poboación que están a menos dun quilómetro da mina.

No mesmo sentido pronunciouse o portavoz do BNG en Quiroga e tenente de alcalde, Xosé Manuel Fernández, para quen o impacto da explotación da canteira que está comezando os traballos no lugar de Anguieiros “pode ser desastroso desde o punto de vista patrimonial e cultural” e pode ademais traer “graves prexuízos” para os núcleos rurais máis próximos (ademais dos Anguieiros, Os Covallos, Sexmil, Vilanuide e Enciñeira).

“Se queremos pór en valor como se merece o túnel romano de Montefurado, declarado BIC dentro da paisaxe protexida da Ribeira Sacra, e o potencial do Camiño de Inverno a Santiago non podemos permitir a explotación da canteira”, subliñou o tenente de alcalde.

Nas iniciativas rexistradas no Parlamento, o BNG lembra que o túnel foi construído hai arredor de 2.000 anos por orde do emperador Trajano e que aínda hoxe é considerado unha das maiores obras de enxeñaría en Galicia. Para extraer unha reserva de ouro que se encontraba no río Sil, os romanos furaron un monte realizando galerías horizontais e verticais nun pronunciado meandro que o Sil fai pouco antes de converxer con outro río, o Bibei. “Isto creou un túnel que aínda a día de hoxe se mantén e que representa un dos lugares máis dignos de conservación da Ribeira Sacra, a parroquia de Montefurado”, apúntase na iniciativa

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...