HomeMedio ambiente e PatrimonioMedio Rural mellora a ruta de sendeirismo da Aula Forestal dos Trollos...

Medio Rural mellora a ruta de sendeirismo da Aula Forestal dos Trollos en Bóveda

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, avanzou este venres que a Xunta vai potenciar o uso formativo e divulgativo dos viveiros forestais públicos, durante a súa visita a un destes centros xestionados pola Consellería, o dos Trollos, no concello de Bóveda.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira estivo acompañada no seu percorrido pola Aula Forestal dos Trollos polos directores xerais de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, así como polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias.

Gómez aproveitaba para supervisar as melloras que se están a realizar na ruta de sendeirismo da aula forestal, mediante a introdución de elementos artísticos orientados á potenciación da paisaxe.

Na visita, a titular de Medio Rural puxo en valor as actuacións xa realizadas neste viveiro, como foron a restauración das masas arbóreas e os traballos de mantemento no horto sementeiro de piñeiro do país, que superaron os 86.000 euros de orzamento. Ademais, detallou que se vai reforzar cun millón de euros ata 2027, a vertente divulgativa e formativa das aulas forestais cara a poboación en xeral, cun plan en varias fases que comezará por este viveiro dos Trollos e polo de Santa Cruz, en Oleiros.

Trátase, explicou Gómez, de que os visitantes poidan coñecer as especies máis significativas que albergan estes espazos, que saiban como se realiza a xestión forestal sustentable, cales son os ecosistemas cos que contan e que materiais de reprodución forestal se utilizan.

Os Trollos, ruta de sendeirismo / Consellería do Medio Rural

Nesta liña, a conselleira sinalou que desde hai anos o seu departamento vén apostando pola recuperación dos antigos viveiros forestais, con dous obxectivos fundamentais. En primeiro lugar, producir semente para os viveiros privados e planta con fins divulgativos para as administracións públicas e, en segundo termo, contar con parcelas de alto valor xenético para conservar estes recursos.

Aula forestal dos trollos

No caso concreto dos Trollos, a conselleira apuntou que o obxectivo de todas estas iniciativas é convertelo nun centro de referencia para a xestión de masas frondosas no sur de Lugo, tendo en conta que é o único da súa clase na provincia. As súas instalacións xa constitúen unha referencia no fomento da natureza e os valores medioambientais.

Cunha superficie de arredor de 30 hectáreas, neste recinto de Bóveda hai máis dun cento de especies diferentes de árbores e arbustos e instalacións preparadas para a recepción de visitantes e para a realización de actividades divulgativas. Un espazo pensado para todo tipo de público, pero sobre todo para os máis novos e para as persoas relacionadas co sector forestal.

ÚLTIMAS

Os centros de ensino de Monforte levan a escea as súas pezas teatrais no mes de maio

O XXXII Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte contará con...

Accidente múltiple en Sober por mor da saraiba

Dous vehículos chocaron e un terceiro saíuse da estrada este martes no municipio lucense...

Renfe reforza a conexión Galicia-Madrid con máis de 4.200 prazas extra para viaxar esta Semana Santa

Renfe oferta 4.200 prazas extra para a conexión entre Galicia e Madrid con motivo...

“Quiroga é un viño”, camiseta oficial para promocionar a Feira do Viño que pecha a Semana Santa

Esta semana o rexedor local, José Luís Rivera, presentaba a camiseta realizada para celebrar...