HomeMedio ambiente e PatrimonioChantada, sete anos consecutivos sendo "Vila en Flor"

Chantada, sete anos consecutivos sendo “Vila en Flor”

O movemento Vilas en Flor, que se implanta en Galicia no 2018 promovido pola Fundación Juana de Vega, celebrou este venres en Salvaterra de Miño, a entrega destes galardóns que recoñecen as boas prácticas ambientais nos municipios de menos de 40.000 habitantes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con este galardón prémiase a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna. Participaron desta edición 42 municipios; por provincias, na Coruña hai 13 concellos adscritos ao programa; 20 en Pontevedra; 2 en Lugo e 7 en Ourense. De todos, o Concello de Chantada é dos máis premiados ao obter unha nova puntación de 4 Flores de Honra e xa son 7 recoñecementos desde o comezo do movemento.

Recolleu o galardón o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, que mostraba o seu agradecemento e satisfacción por ser referente entre as administracións locais no coidado do medio ambiente, “Moi agradecidos ao movemento Vilas en Flor e contentos polo traballo que realiza a brigada de Parques e Xardíns para poder acadar por sétimo ano consecutivo este recoñecemento. Facemos un traballo moi agradecido por ser para o benestar da veciñanza e das persoas que nos visitan, converténdonos nun referente municipal no coidado dos xardíns, zonas verdes e medio ambiente”.

O Goberno Municipal leva apostando desde o comezo por ter máis zonas verdes, recuperando espazos agradables e cheos de natureza en beneficio dos cidadáns. Este ano destaca a creación do gran espazo verde no Parque Eloísa Rivadulla, adecentouse con especies arbustivas unha pequena zona na Avenida de Lugo. Restauráronse e creáronse novas xardineiras na praza de Galicia e outras feitas de madeira na rúa do Parque, cun traballo constante de urbanización de novos espazos ou de remodelación e cambio de uso.

Vila en Flor Chantada 2024 / Concello de Chantada

Neste 2024 ademais nos maceteiros non só se utilizaron plantas de tempada senon novas especies que aguantan máis tempo e dan outras vistosidade como acontece na Praza de Santa Ana.

Trabállase tamén no tratamento das infeccións que collen as as árbores do río, levarase a cabo unha poda e unha plantación para manter ese pulmón verde a carón do río. Neste sentido actuarase tamén en novas zonas repartidas polo municipio, como o parque Eloísa Rivadulla, ao carón do pavillón en Concepción Arenal, na Avenida de Monforte detrás dos

colexios ou en Pardo Bazán, “grandes zonas verdes que iremos adaptando estes anos. Seguimos apostando por dar un toque medio ambiental e de desfrute, aí está tamén o concurso de embelecemento de fachadas que puxemos en marcha este ano con grande éxito”, destaca o alcalde.

Vilas en Flor busca o recoñecemento do intenso labor que desenvolven os municipios de menos de 40.000 habitantes todo o ano para poñer en valor o medio ambiente, protexer e mellorar a súa infraestrutura verde, rural e urbana, para contribuír a mellorar a calidade de vida da veciñanza, a súa saúde e promover sinerxías con outras actividades económicas coma o turismo.

Vila en Flor Chantada 2024 / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

Prazo de inscrición aberto ata o 10 de xuño para participar na XXV edición de Artelemos

Como o ano pasado a cita coa mostra de artesanía durará 6 días, nesta...

25.000€ da Deputación para promoción turística da Ribeira Sacra

O mandatario provincial, José Tomé, puxo en valor o labor do Consorcio de Turismo...

Festa da ‘Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque’ en Quiroga

Este sábado día 24 de maio a Asociación de Empresarios e comerciantes do Xeoparque...

O CEIP da Gándara de Monforte estrea parque infantil

Este martes pola mañá o alumnado do CEIP A Gándara comezou a utlizar a...