HomeMedio ambiente e PatrimonioA Seara acollerá unha colección de instrumentos de Música de Raíz e...

A Seara acollerá unha colección de instrumentos de Música de Raíz e a sede da Fundación Legar

A apertura oficial está programada para o vindeiro 24 de novembro ás 12:00 h. nesta fermosa aldea courelá.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Seara, aldea emblemática do Courel quirogués no Xeoparque Mundial Montañas do Courel, contará cun espazo que albergará unha completa Colección de Instrumentos de Música de Raíz e a Sede da Fundación Legar, entidade creada para difundir, promover e preservar a música de raíz.

Esta colección instrumental, pioneira en Galicia, busca preservar, estudar e poñer en valor os instrumentos máis primixenios que representan a nosa tradición musical e identidade cultural. A través deste proxecto, a Fundación Legar traballa na conservación e preservación da música de raíz, “que son parte fundamental da nosa historia e memoria colectiva”, comentan Martina Ferradás e Xavier Blanco, Secretaria e Presidente, respectivamente.

Na aperturado espazo expositivo, que terá lugar o 24 de novembro ás 12:00 horas na Aldea da Seara, estarán presentes importantes representantes do ámbito institucional e cultura. Entre outras, estarán o Director da Axencia de Turismo de Galicia, a Delegada Territorial de Medio Rural de Lugo, representantes do Xeoparque Montañas do Courel, o Presidente do Consorcio da Ribeira Sacra e o GDR Ribeira Sacra-Courel.

A Seara. Foto: Fundación Legar.

“Consideramos que esta iniciativa é de gran interese para a audiencia galega, xa que fomenta a conexión coas nosas raíces culturais, impulsa o turismo cultural sostible e contribúe á revitalización da vida rural galega”, comentan dende a Fundación Legar.

Ademais desta interesante mostra instrumental, o espazo será a sede da Fundación Legar e “un lugar aberto á comunidade para actividades culturais e educativas”.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...