HomeMedio ambiente e PatrimonioO Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Será este 23 de novembro e a saída terá lugar ás 10:00 h. dende a Praza do concello de San Clodio. O percorrido irá pola Ruta da Cubela e visitaranse a Igrexa de Torbeo, o Centro de Interpretación do río Sil e o Miradoiro de Pena do Ladeiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do ‘Ciclo Outono Xeolóxico’ que organiza o Xeoparque Mundial Montañas do Courel. Leva por título “Grandes ríos e rochas singulares na ruta da Cubela” e nela poderase gozar dunha camiñada moi atractiva, de petiscos, e de visitas a lugares e espazos divulgativos de grande interese.

CRONOLOXÍA DA ACTIVIDADE 

-10:00 h. Saída en bus dende a praza do concello de San Clodio ata Castro de Abaixo, aldea na que comezará a camiñada.

-10:30 h. Comezo do roteiro interpretado duns 13,3 quilómetros e desnivel positivo de 720 m. Dificultade media.

-18:30 h. Remate da actividade na praza do Concello de San Clodio.

Praza do Concello de San Clodio / XdL
DURANTE A CAMIÑADA OS/AS CAMIÑANTES GOZARÁN DE…

-Degustación de produtos típicos na aldea de Torbeo.
-Visita guiada ao CIRS: Centro de Interpretación do río Sil en Torbeo.
-Visita guiada á Igrexa de Torbeo: Románico no Xeoparque Montañas do Courel.
-Visita interpretada ao miradoiro de Pena do Ladeiro.

A organización recomenda levar roupa e calzado cómodos, axeitados a actividade e á meteoroloxía. Tamén levar algo de comida e bebida para o roteiro segundo a estimación de cada un/unha. A actividade é de balde con límite de 25 prazas que se pecharán por orde de inscrición.

INSCRICIÓNS: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfa4PoC4tE-Qmabb_LhH9KF2pAv4GFMFioSTHgP97UY4n5mGw/viewform

MÁIS INFORMACIÓN no teléfono 982 435125 ou no correo electrónico xeoparquemontanasdocourel@gmail.com

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...