HomeMedio ambiente e PatrimonioSegredos de Pantón convida a unha nova camiñada

Segredos de Pantón convida a unha nova camiñada

Será o domingo 1 de decembro ás 9:00 h. e para descubrir a parroquia de San Martiño de Siós.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na actividade do vindeiro domingo, día 1 de decembro, Segredos de Pantón convida a “descubrir a parroquia de San Martiño de Siós para facer un roteiro circular ao carón do río Ferreira. Vendo antigas pontes, présas, muíños e outros elementos da nosa arquitectura tradicional, e ata chegar á desembocadura do río Ferreira no Cabe”.

A saída será ás 9:00 h. e lémbrase que o custo da actividade é de 2 euros por persoa, pago que se realizará por adiantado, tendo un límite de 30 prazas que se pecharán por orde de reserva. En caso de non poder acudir os cartos non serán devoltos.

INSCRICIÓNS

A través das redes sociais da asociación, Facebook e Instagram, enviando un correo electrónico a segredosdepanton@gmail.com ou comunicándose no teléfono 662 669 223 (Lucas Vázquez).

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...