HomeMedio ambiente e Patrimonio"S" de sustentabilidade turística para a Rede de Miradoiros de Sober, único...

“S” de sustentabilidade turística para a Rede de Miradoiros de Sober, único espazo singular galego con esta certificación

No ano 2020 o Concello de Sober conseguiu mediante certificación coa Q de calidade que os miradoiros do Canón do Sil fosen recoñecidos como Espazo Público Singular, sendo un dos cinco espazos públicos que contaban con este selo de calidade no territorio nacional e o único de toda a Ribeira Sacra e da provincia de Lugo en conseguilo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co obxectivo de consolidar os miradoiros como un referente en turismo responsable e sustentable, promovendo a conservación da paisaxe e o desenvolvemento económico local mediante a educación ambiental, o Goberno local de Sober decide da un paso máis e obter a certificación de sustentabilidade.

Esta nova certificación de sustentabilidade turística foi implementada polo Instituto de Calidade Turística Española (ICTE) para axudar aos establecementos, empresas e destinos de España na integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable do Milenio.

A Sustentabilidade Turística, a súa implantación e conseguinte certificación achega vantaxes como contar cun elementos diferenciador, mellorar a imaxe e reparación do recurso e visibilizar a contribución da organización á mellora da súa contorna sociocultural e medioambiental. Contribúe ademais á mellora da xestión e eficacia das actividades optimizando recursos e motivando ao persoal.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica que nos vindeiros anos, “seguirase na procura da mellora das infraestruturas, a eficiencia enerxética e a promoción dun turismo inclusivo, asegurando un impacto positivo e duradeiro na rexión”.

Sober conta a día de hoxe con dez miradoiros públicos que comezaron a construírse nos anos 80 e desde entón foron medrando e someténdose a diversas reformas ata chegar a ser un referente no territorio. A misión dos miradoiros de Sober é a de ofrecer unha experiencia turística inmersiva que permita desfrutar da paisaxe de maneira respectuosa co medio ambiente.

Miradoiro de Santiorxo en Sober

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...