HomeMedio ambiente e PatrimonioO Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

A visita será o vindeiro sábado 14 de decembro ás 11 da mañá e servirá para coñecer os traballos arqueolóxicos que se fixeron no miradoiro. O arqueólogo Luís López será o guía da actividade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada de visita comentada aos traballos de acondicionamento e consolidación arqueolóxica recentemente realizados no miradoiro do túnel de Montefurado.

O guía será o arqueólogo Luís López, quen dirixiu as actuacións efectuados na contorna deste xacemento, un dos máis importantes relacionados coa minaría aurífera romana no ámbito do noroeste ibérico. A actividade realízase grazas ao acordo entre o Concello de Quiroga e a Xunta de Galicia, e está incluída no programa de actividades de outono do Xeoparque Montañas do Courel.

A asistencia á visita é de balde, aberta a todo o público que queira achegarse e non precisa de inscrición. O punto e hora de reunión será no desvío que parte da estrada N-120 para o acceso a Montefurado por un lado, e aos Covallos polo outro, ás 11 da mañá do sábado 14 de decembro.

ÚLTIMAS

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe na fase final do Parlamento Xove

O equipo de debate de BAC do IES Río Cabe, integrado por Sabela Castro...

8M en Monforte con presenza do alcalde e sen a oposición

A concentración tivo lugar ás 13.00 horas na Praza da Compañía, diante das Casitas,...

O BNG de Pantón homenaxea no 8M a Cándida Fernández

Durante os próximos meses dende o BNG de Pantón aseguran que seguirán promovendo actos...

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...