HomeMedio ambiente e PatrimonioLáncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Láncara conciencia sobre a separación dos residuos orgánicos

Co final de ano o concello de Láncara deu inicio a unha campaña de sensibilización e concienciación sobre a importancia de separar os residuos orgánicos e xestionalos de maneira correcta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta campaña vai destinada a toda a veciñanza de Láncara e móstrase como tiro de saída dos cambios na recollida da fracción orgánica que se van implantar durante o 2025.

A campaña céntrase en 3 puntos distintos. Ás persoas residentes na Pobra de San Xiao déuselles información sobre a nova recollida mediante o novo contedor de cor marrón, ademais do reparto dun caldeiro para separar adecuadamente na cociña e bolsas compostables.

Por outro lado, a xestión dos residuos orgánicos na urbanización Valdriz vai ser mediante un Centro de Compostaxe Comunitario (CCC). Todos os veciños desta urbanización van recibir unha visita de persoal contratado polo concello para dar a información sobre esta forma de xestión.

Finalmente, a campaña vaise centrar nos Grandes Produtores de residuos orgánicos do municipio (bares, restaurantes, tendas de alimentación, escola, residencia…), onde se lles vai explicar detalladamente a nova proposta de recollida que vai ser implantada no Concello.

Esta campaña é o inicio dun acompañamento e información duradeira para todo este proceso de cambios na recollida do lixo, necesarios para poder cumprir cos obxectivos e lexislacións estatais e europeos.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...