HomeMedio ambiente e PatrimonioMural dos bos desexos de Aninovo para O Courel

Mural dos bos desexos de Aninovo para O Courel

O centro de interpretación de Moreda do Courel comeza o ano cun mes de xaneiro completo de actividades despois de que a construción en pedra seca, tan habitual nestas terras, veña de ser declarada “Patrimomonio Inmaterial da Humanidade”.

Publicado o

- Advertisement -

O centro comeza o ano adicando todo o mes de xaneiro ao mural dos bos desexos. Todas as persoas que visiten o centro poderán deixar os seus bos desexos para O Courel. A aportación ao mural poderase facer con calquera tipo de manifestación artística: poesía, debuxo, frase escrita,…

Xa entre o 2 e o 4 de xaneiro de 11.00 a 13.00, o centro acollerá un obradoiro de elaboración de xoguetes e agasallos. A actividade ten como peculiaridade que se usarán mateiriais presentes na natureza como follas, castañas, landras,…

Entre o 22 e o 25 de xaneiro, en horario de 12.00 a 13.00 celebraranse sesións de contacontos baseadas no conto “Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín”, do poeta local Uxío Novoneyra.

O horario do centro para visitas é de martes a venres en horario de 10.30 a 14.00. Nas fins de semana e festivos, o horario é de 10.30 a 14.30 e de 16.00 a 18.00. O centro pecha os luns e os días 1 e 6 de xaneiro. Para a visita de grupos debe de contactarse con teléfono 600823416.

E mentres O Courel espera á realización dos bos desexos recollidos no mural, este final do 2018 deixa a declaración de “Patrimonio Inmaterial da Humanidade” para o arte de construción en pedra seca. Este método construtivo consiste na elevación de muros, utilizando únicamente pedras, sen ningún tipo de argamasa entre elas. Este método foi moi empregado nas zonas rurais como O Courel, para a construción de cabanas, sequeiros, valados, alvarizas,…

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...