HomeMedio ambiente e PatrimonioCampañas sobre reciclaxe en Láncara e Quiroga

Campañas sobre reciclaxe en Láncara e Quiroga

Co fin de concienciar sobre reciclaxe de aparellos electrónicos usados, o día 9 de xaneiro Os Bolechas visitan o CPI de Láncara e o día 10 o stand da campaña “separar con xeito” estará na Feira de Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a desenvolver unha campaña para sensibilizar á comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos e con esta intención visitará varios centros educativos lugueses ao longo desta semana.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta iniciativa, enmarcada na campaña xeral ‘O que se enchufa recíclase’ busca sensibilizar aos máis cativos na necesidade de realizar un tratamento axeitado deste tipo de residuos.

O día 9 de xaneiro Os Bolechas visitarán o CPI Ramón Piñeiro de Láncara para trasladar a cativos e cativas coñecementos e comportamentos para un correcto tratamento dos aparellos electrónicos que xa non se usan. A través dun xogo, os máis pequenos interaccionan cos Bolechas para converterse nos maiores defensores do planeta e formar parte da Real Orde do Movemento RAEE (Reciclaxe de Aparellos Eléctricos e Electrónicos). Para iso deben cumprir un decálogo de comportamentos e actitudes colectivas e individuais que se teñen que poñer en práctica no fogar e no centro de ensino.

Como parte da campaña de concienciación para a reciclaxe a Xunta tamén levará a Quiroga o día 10, día de feira, o stand da campaña “separar con xeito” que organiza en colaboración con Ecoembes. Nesta acción de educación e concienciación medioambiental trátase de fomentar prácticas responsables para a reciclaxe e correcta separación de plásticos, envases lixeiros, papel e cartón.

 

ÚLTIMAS

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...