HomeMedio ambiente e PatrimonioCaurel Vivo alerta das enfermidades que afectan aos castiñeiros e critica a...

Caurel Vivo alerta das enfermidades que afectan aos castiñeiros e critica a inacción da Xunta

Desde esta formación política lembran que no concello de Folgoso do Courel se conservan soutos e castiñeiros milenarios, auténticos monumentos vivos que merecen ser protexidos

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Caurel Vivo aseguran que, como noutras moitas zonas de Galicia, no Courel o problema das pragas do castiñeiro está a alcanzar niveis alarmantes e quéixanse de que no derradeiro ano a administración non realizou ningunha acción para atallar o avance do cancro nin da avespiña nos soutos deste territorio.

O chancro do castiñeiro (Cryphonectria parasitica), unha enfermidade que leva décadas avanzando, está a matar soutos centenarios. Aseguran que, “ante a inacción da administración, xa que Sanidade Forestal, dependente da Xunta de Galicia, dispón do antídoto: o micelio hipovirulento compatible. Teñen os medios, teñen os coñecementos… pero non o aplican. Este ano non se tratou de forma proactiva ningún castiñeiro”.

Critican que a Consellería de Medio Rural pareza darlle prioridade a especies como o eucalipto ou o piñeiro, “mentres o noso patrimonio forestal autóctono agoniza. A cura existe, pero non se aplica”.

Engaden que no caso do Courel súmase outra ameaza: a avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), outra praga grave que tampouco está a ser combatida. O único remedio coñecido de controlar esta praga é mediante a solta controlada de Torymus sinensis, o seu parasitoide natural. “Mais, en vez de asumir a súa responsabilidade, desde a propia Consellería contestan que xa o poden mercar os propietarios en Portugal”, denuncia Courel Vivo e insiste en que as competencias son de Sanidade Forestal.

O castiñeiro é unha das árbores máis importantes en Galicia. Uns din que foi introducido polos romanos, mais un estudo da Universidade de Oviedo afirma que leva aquí máis de 21.000 anos, desde o período glaciar. Dun xeito ou doutro, no Courel durante séculos forneceu de castañas, alimento básico para os nosos devanceiros ata a chegada da pataca.

Con todp, CV solicita á administración competente e no pleno municipal que se priorice con urxencia o tratamento destas dúas pragas, e que a Xunta de Galicia “actúe de forma proactiva e coordinada para tentar salvar un patrimonio que aínda respira, pero que cada ano que pasa está máis preto da desaparición”.

ÚLTIMAS

O programa ‘Lugo Termal’, da Deputación de Lugo, abre prazo de inscricións

A alta demanda que rexistra nos últimos anos o programa Lugo Termal, fará que...

Gran final de tempada para o Club Quixós de piragüismo

O club Quixós de Piragüismo vén de rematar a tempada cunha exitosa participación no...

O 1 de decembro abre a inscrición dos Campamentos e Obradoiros de Nadal no Concello de Chantada

O Concello de Chantada vén de anunciar os 'Campamentos e Obradoiros de Nadal', actividades...

O BNG de Monforte sobre as obras na rúa Ourense, “é especialmente grave investir 100.000€ nunha obra innecesaria”

Segundo o BNG, este feito, "por si só, demostra a absoluta falta de planificación...