HomeMedio ambiente e PatrimonioXornada de voluntariado ambiental para enxertar castiñeiros no Courel

Xornada de voluntariado ambiental para enxertar castiñeiros no Courel

Esta fin de semana, voluntarios/as chegados de toda Galicia e incluso das Illas Británicas, desenvolveron unha xornada de voluntariado ambiental, en colaboración coa Comunidade de Montes de Froxán, cara a enxertar con variedades locais os rebrotes dun souto ardido no 2.022.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xornada, coa colaboración da Área de Medio rural da Deputación de Lugo, contou cuns 30 voluntarios con experiencia en enxertado da Asociación Galega das Castañas e os Soutos, xunto con veciños e outros voluntarios. A actividade estivo coordinada por un dos maiores expertos enxertadores galegos, Santiago Ramos, de Alsara Consultoría y Servicios Integrales SL.

A Serra do Courel, con case 3.000 has de soutos tradicionais, é unha das comarcas senlleiras na produción de castañas en Galicia. Nos últimos anos a produción de castañas diminuíu considerablemente. As causas tradicionais (diminución da produción consecuencia do cambio climático, envellecemento da poboación, despoboamento…) uníronse os devastadores incendios do verán do ano 2.022, que asolaron miles
de hectáreas, incluíndo moitos soutos.

Xornada voluntariado enxertos / Castañas e Soutos

Unha das principais actuacións a facer para recuperar os soutos devastados polo lume é enxertar os rebrotes dos castiñeiros que arderon con variedades locais adaptadas a zona.
A Asociación Galega das Castañas de dos Soutos constituíuse en xaneiro do 2024 coa intención de defender e divulgar o sector da castaña e ante a necesidade de afrontar os numerosos retos que se presentan.

Os responsables da Asociación aseguran que traballan para visibilizar e promocionar o sector, “estamos seguros que está chamado a recuperar a importancia económica, cultural e social que tivo para os nosos antepasados”, rematan.

Xornada voluntariado enxertos / Castañas e Soutos

ÚLTIMAS

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...

Concentración en Monforte o 10 de marzo con motivo do Día da Clase Obreira Galega

A CIG convoca para o 10 de marzo ás 20:00 horas unha concentración na...