HomeMedio ambiente e PatrimonioUn traballo sobre a Ribeira Sacra, finalista do XX Premio Tribuna Fitur

Un traballo sobre a Ribeira Sacra, finalista do XX Premio Tribuna Fitur

O traballo 'Ribeira Sacra. Un lugar, un destino, un patrimonio e un recurso' da investigadora e colaboradora do grupo Iacobus da USC, Ana Mesía López, foi seleccionado como finalista do XX Premio Tribuna Fitur Jorge Vila Fradera.

Publicado o

- Advertisement -

A investigación de Ana Mesía parte da súa tese de doutoramento, defendida en xuño na USC e dirixida polo profesor Juan Monterroso. Baixo o título, ‘O potencial turístico dos conxuntos históricos de Galicia. Vilas e pobos’. Ana Mesía defenderá o seu traballo en Fitur o día 23, fronte a outros dous, nunha xornada técnica.

En Fitur a investigadora porá o foco en Monforte de Lemos e Castro Caldelas, as dúas cidades históricas da Ribeira Sacra declaradas BIC na categoría de conxunto histórico no contexto do enorme poder de atracción turística que está tendo Ribeira Sacra, vinculado ao mundo do viño e aos mosteiros.

O traballo pretende visibilizar a Monforte e Castro Caldelas “Debemos entendelas, visitalas e planificalas como a unión dos bens que forman o patrimonio e o interese polo turismo cultural, que debe ser apreciado e desenvolvido para a conservación da cultura e capaz de captar os aspectos económicos e aproveitalos para a súa comercialización turística desde unha óptica sustentable”, di Mesía. Só deste xeito, conclúe a investigadora, xeraranse fondos que redunden na conservación do patrimonio e que deben contribuír a financiar proxectos de mantemento, rehabilitación, novos usos e conservación.

O galardón ten como obxectivo incentivar, recoñecer e editar os mellores estudos relacionados co sector turístico, favorecendo a difusión deses traballos non eido empresarial.

ÚLTIMAS

‘Feira de Nadal’ para dinamizar o comercio local e a artesanía en Quiroga

O Equipo de Goberno do Concello de Quiroga organiza unha Feira de Nadal coa...

Queres ser paxe na Cabalgata dos Reis Magos de Chantada?

As prazas para participar son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Os pais...

O PP de Monforte celebra o investimento anunciado para a rede de abastecemento e espera que “non quede en papel mollado”

Os populares aseguran que “temos claro que o alcalde se moveu grazas á nosa...

Primeira fin de semana do ‘Mercado de Nadal’ de Monforte

Este sábado 21 de decembro abrirá as súas portas o Mercado de Nadal do...