HomeMedio ambiente e PatrimonioRemata en Chantada un taller formativo dedicado aos oficios do vimbio e...

Remata en Chantada un taller formativo dedicado aos oficios do vimbio e do liño

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse este venres ata o Espazo Vilaseco dos Casares, en San Cristovo de Mouricios, para pechar o taller de formación Circula o territorio a través das mans, impulsado pola Xunta e enmarcado nas Xornadas Entrelazar que se celebran este sábado 27 e o domingo 28 de setembro na mesma localización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O taller, que se desenvolveu ao longo de toda esta semana, estivo impartido pola artista téxtil Rosana Escolar (Colombia), en colaboración con Idoia Cuesta e Jorge Filipe de Sá Pinheiro.

O obxectivo deste taller era reinterpretar o liño e o vimbio cultivado en Mouricios coa intención de buscar expresións artísticas que vaian máis alá do utilitario e cun enfoque que pon o material como protagonista conectando coa contorna e coa riqueza dos procesos. Durante o curso exploráronse os materiais como parte dun ecosistema vivo, conectándonos coa paisaxe galega a través de dúas fibras emblemáticas: o liño e o vimbio. Os participantes familiarizáronse co ciclo de vida do liño, así como no proceso de plantación e de extracción da fibra de vimbio, e crearon unha librería de mostras nunha busca de establecer un diálogo co material, creando pontes entre o tradicional e o contemporáneo.

Entrelazar

O taller Circula o territorio a través das mans complementa as Xornadas Entrelazar impulsadas pola Fundación Artesanía de Galicia durante esta fin de semana no Espazo Vilaseco dos Casares, en Mouricios, e centradas no oficio da cestería dende unha visión transversal e na relación entre o material, o territorio e a creación da artesanía contemporánea.

Trátase da terceira edición dunha iniciativa posta en marcha pola Xunta no ano 2023, en colaboración co Espacio Vilaseco e Os Casares, co obxectivo de contribuír á modernización e á innovación no sector artesanal galego tomando como base os oficios tradicionais, os recursos locais, os novos materiais e a contorna rural.

As xornadas están comisariadas pola deseñadora e investigadora téxtil Inés Sistiaga (Barcelona), recentemente premiada —xunto con Idoia Cuesta— nos Premios Room 2025 na categoría Artesanía / Art Design, polo seu proxecto Rastros de transformación. Están divididas en catro mesas de debate enfocadas en aspectos históricos, técnicos, teóricos e experimentais nas que se poderán explorar temas como a materia prima, os cultivos, a paisaxe e o territorio, así coma os modos nos que estes oficios se comparten e transforman ao longo do tempo para existir no contexto actual de transformación ecolóxica, social e produtiva.

Artesanía Chantada / Copnsellería de Emprego

ÚLTIMAS

“O tamaño do Gran Fachón non se desvela ata o propio día”, Sara Inés, Alcaldesa de Castro Caldelas

Como cada ano, e para non faltar á tradición, o 19 de xaneiro celebrarase...

Información ambiental para a veciñanza no Concello da Pobra do Brollón

O equipo de Axentes Ambientais, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención á...

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...