HomeMedio ambiente e PatrimonioActivados os permisos para queimas agrícolas, de particulares e restos forestais

Activados os permisos para queimas agrícolas, de particulares e restos forestais

A Consellería do Medio Rural reactivou este pasado xoves, 5 de novembro, a posibilidade de solicitar autorizacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende este xoves pasado, quedan activadas as solicitudes para permisos de queimas de particulares, restos forestais amoreados e queimas agrícolas. Neste último caso lembrar que se ten que facer a comunicación con dous días de antelación segundo a normativa.

Estas comunicacións poden realizarse a través da web específica ou chamado ao 012. Como viña sendo habitual, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”. No caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono.

A consellería lembra que para efectuar queimas de restos forestais amoreados cómpre contar con autorización administrativa, dado o maior risco da actuación. E tamén que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

ÚLTIMAS

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro --aficionado e...

Ribeira Sacra Next impulsa o emprendemento desde a escola para este curso

Nunha primeira fase do proxecto formarase en metodoxía aos centros de ensino para crear...

Iníciase novo procedemento de contratación do equipamento do ximnasio da Pinguela

A Xunta de Goberno aprobou esta semana, o expediente negociado e sen publicidade para...

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N

Chantada contra as violencias machistas, Súmate! 25N, é o slogan da campaña que inclúe...