HomeMedio ambiente e Patrimonio'RecilLemos de xeito sostible' reforza a sensibilización veciñal monfortina con accións a...

‘RecilLemos de xeito sostible’ reforza a sensibilización veciñal monfortina con accións a pé de rúa

Unha carpa con información da campaña para mellorar a reciclaxe estivo o pasado 24 de novembro no recinto do mercado gandeiro, aproveitando a feira, e en vindeiras datas estará noutros puntos de Monforte e tamén se visitarán os centros de ensino.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos impulsa a campaña de sensibilización “RecicLemos de xeito sostible” para intentar un maior grao de colaboración cidadá na xestión dos residuos orgánicos e da compostaxe. O pasado 24 de novembro situouse unha carpa informativa no mercado gandeiro, aproveitando a feira.

Nese punto informouse aos interesados e interesadas sobre a separación de residuos e recolléronse solicitudes de composteiros domésticos que o Concello entrega de balde aos veciños e veciñas con hortas ou parcelas cunha superficie mínima de 25 m2 no termo municipal monfortino. Trasladouse tamén información sobre o kit doméstico para separar os residuos orgánicos que tamén entrega de balde o Concello.

Dende o concello trasladan que este esforzo na difusión da campaña vai encamiñado a mellorar a xestión de residuos orgánicos que xera a veciñanza e demostra unha aposta pola reciclaxe que cómpre facer para cumprir cos requisitos marcados desde a Unión Europea.

Estas accións continuarán nos vindeiros meses nas rúas do municipio e tamén nos centros educativos co obxectivo de chegar a toda a veciñanza e de sensibilizar á xente nova das vantaxes da compostaxe doméstica e da importancia de facer un bo uso do colector marrón.

PARA PARTICIPAR ACTIVAMENTE NO ‘PLAN DE XESTIÓN DA MATERIA ORGÁNICA’

Unha das liñas de traballo para participar no “Plan de xestión da materia orgánica” é o programa Ti Tes a Chave. Cada solicitante poderá recoller unha chave para poder abrir o colector marrón que se situará na zona perimetral do concello. Ademais entregaráselle un cubo para separar a materia orgánica no fogar e un tríptico coa información necesaria.

Para rexistrarse nesta iniciativa pódese chamar ao teléfono do Concello 982 402 501, acudir ás oficinas municipais na Praza Campo de San Antón ou a inscribirse online a través dun formulario.

Aos establecementos hostaleiros e comercio informaráselles porta a porta do servizo de recollida desta parte dos seus desperdicios.

A outra liña de traballo refírese ao programa de compostaxe. Na acción anterior repartíronse 253 composteiros e desta volta entregaranse 150 novas unidades entre as persoas interesadas que residan nunha vivenda illada e que conten cunha parcela ou horta dun mínimo de 25 m2. As solicitudes poden facerse nas carpas informativas, no teléfono do Concello  982 402 501, acudindo ás oficinas municipais na Praza Campo de San Antón ou ben directamente a través do seguinte formulario.

ÚLTIMAS

A Fiscalía abre proceso contra José Tomé por acoso sexual

O paso da Fiscalía Provincial prodúcesetras recibir unha denuncia particular por feitos "supostamente delituosos"...

Os veteranos do Club Quixós de piragüismo fan pleno no podio nunha proba disputada en Portugal

O Club Quixós desprazábase esta pasada fin de semana ata Portugal para competir na...

Courel Vivo pide que se inclúan os concellos de montaña na nova lei de administración local

Desde Courel Vivo consideran que eliminar adminstrativamente as comarcas levará a distanciar máis os...

O territorio do Lor e o Xeoparque Montañas do Courel confírmanse como referencia para o trail running a nivel nacional

A XII edición do Quiroga Trail Challenge vén de rematar cun gran éxito de...