HomeMedio ambiente e PatrimonioA igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da...

A igrexa de Santa María de Nogueira, en Chantada, estrea mellora da contorna

Para executar estas obras o Concello contou cunha subvención da Consellería de Cultura, a través da Axencia de Turismo de Galicia para mellora de infraestruturas turísticas, de modo que dun orzamento total de 53.000€, o concello inviste 20.000€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Chantada vén de rematar o acondicionamento da contorna da igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, templo declarado BIC (Ben de Interese Cultural) a finais do 2018 cando obtivo este recoñemento a paisaxe cultural da Ribeira Sacra.

A obra civil que lle correspondía á administración local e durante a que se fixeron os controis arqueolóxicos necesarios, consistiu na limpeza do enlousado de pedra de diante da igrexa e na contorna botouse unha capa de formigón coloreado cunha estrutura de barrido. Colocouse tamén unha pequena franxa para non pegar o cemento aos lousados.

Unha das partes fundamentais desta obra era a eliminación do cableado eléctrico aéreo mediante o soterramento das liñas, canalizándose tanto os cableados das vivendas como os das farolas públicas. A este respecto contase con novas luminarias led que supoñen un maior aforro e teñen unha estética máis acorde coa contorna.

Santa María de Nogueira, pinturas murais / Concello de Chantada

Con todo mellórase a accesibilidade do templo e a seguridade destas instalacións que son un importante recurso turístico en Chantada. O Concello leva tempo poñendo en valor esta igrexa xa que é un dos templos máis visitados no municipio e na Ribeira Sacra, polas súas pinturas murais e o espazo que ocupa na cima do meandro Cabo do Mundo. A edificación de orixe románica cunha fachada do s. XVIII, consta dunha soa nave, con arco triunfal. No interior destacan as pinturas murais, que foron restauradas na segunda década do século XXI. As escenas presentan diferentes ciclos de tradición gótica con elementos renacentistas nalgunhas delas. Destaca a imaxe do Xuízo Final e as que reflexan a Paixón de Cristo, a Anunciación ou a Coroación da Virxe. As pinturas valéronlle a Santa María de Nogueira o sobrenome da “Capela Sixtina Galega”.

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destaca que, “O Concello ten a obra civil feita, estanse acondicionando as zonas axardinadas e agora Naturgy ten que enganchar as novas acometidas e así poderanse retirar os dous postes de formigón. Seguimos traballando para mellorar as infraestruturas vinculadas co patrimonio e acabar co feísmo nas contornas destes espazos que teñen tamén un importante valor turístico”.

Santa María de Nogueira, pinturas murais / Concello de Chantada

ÚLTIMAS

O CC Ponte Vella convida a gozar dun atractivo e amplo programa de actividades de Nadal

O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense presenta un amplo e atractivo programa de...

Xornada sobre subvencións para empresas, este 16 de decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra

A Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next centra a actividade en seguir dotando de...

Monforte convida a mercar e divertirse no seu Mercado de Nadal

Chega unha nova edición do Mercado de Nadal de Monforte. Será os días 20...

Tomé Roca formaliza a súa renuncia como Presidente da Deputación e o BNG esixe a súa dimisión

De conformidade co disposto no artigo 52 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo,...