HomeMedio ambiente e PatrimonioO BNG do Saviñao reclama un roteiro cultural do patrimonio megalítico do...

O BNG do Saviñao reclama un roteiro cultural do patrimonio megalítico do concello

Queren os nacionalistas que o roteiro estea baseado nos estudos que fixo no concello o historiador e escritor, Antón Fraguas.

Publicado o

- Advertisement -

As Letras Galegas do 2019 están adicadas a Antón Fraguas, destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo. No 1929, Antón Fraguas, como membro da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Seminario de Estudos Galegos, estivo en Lamaquebrada estudando as mámoas e os castros do Saviñao, publicando traballos sobre o tema.

Os nacionalistas cren que dada a importancia destes estudos, poden ser unha oportunidade para dar a coñecer o patrimonio histórico e cultural do municipio e para involucrar á veciñanza na súa conservación e a xeración dun recurso turístico sostible.

O BNG do Saviñao propón crear un roteiro cultural baseado nos estudos que realizou Antón Fraguas no Saviñao. Queren tamén que se ofreza á veciñanza do Saviñao, aos centros de ensino e aos visitantes que o demanden, a posibilidade de facer este roteiro con guías especializados que poñan en valor o patrimonio.

ÚLTIMAS

A veciñanza de Monforte interésase pola xestión de residuos sólidos orgánicos

No stand repartíronse caldeiros para separar a materia orgánica na casa e recolléronse solicitudes...

48.000€ para mellorar o acceso a Revide e A Toca en Quiroga

O deputado de Rural, Daniel García visitou este mércores a vía na que realizará...

Activados os permisos para queimas agrícolas, de particulares e restos forestais

Dende este xoves pasado, quedan activadas as solicitudes para permisos de queimas de particulares,...

Outono e Nadal teatral en Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil fixo pública a súa programación de teatro --aficionado e...