HomeMedio ambiente e PatrimonioAs Covas, portas a outros mundos

As Covas, portas a outros mundos

A Deputación Provincial de Lugo organiza a II Xornada de divulgación científica do patrimonio arqueolóxico lucense na que se analizarán as covas paleolíticas de Eirós en Triacastela, a de Valdavara en Becerreá e a da Valiña en Castroverde

Publicado o

- Advertisement -

A cita, que leva por títuloAs Covas: portas a outros mundos”, será o vindeiro 22 de marzo no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Do encontro participarán catedráticos, profesores, arqueólogos, e expertos que abordarán o panorama actual sobre os contidos arqueolóxicos da provincia, así como diferentes propostas para a divulgación destes restos pre-históricos.

Esta xornada de divulgación científica ten inscrición de balde a través da web da Deputación, estando aberta a todos os públicos. O participantes recibirán un diploma acreditativo de asistencia á xornada (8 horas lectivas).

PROgrama da Xornada

Mañá

  • 9:30 h. Acreditación asistentes
  • 10:00 h. Presentación oficial
  • 10:15 h. Primeira charla: “Covas de Eirós e Valdavara: afondando na investigación do Paleolítico galaico”. Ramón Fábregas Valcarce, Catedrático de Prehistoria da USC.
  • 11:00 h. Segunda charla: “A Cova da Valiña trinta anos despois: prehistoria da Prehistoria”. César Llana, arqueólogo e director Museo Etnolóxico de Ribadavia
  • 11:45 h. Pausa
  • 12:15 h. Terceira charla: “Descubriendo el Paleolítico del sureste peninsular: investigación y divulgación científica en la Cueva del Arco (Cieza, Murcia)”. Ignacio Martín Lerma, profesor de Prehistoria da Universidade de Murcia, vicedecano da Facultade de Letras e director da escavación.
  • 13:15 h. “O papel do patrimonio arqueolóxico no desenvolvemento local e na sustentabilidade territorial: estratexias de difusión e comunicación”.  Mesa redonda moderada por Aurelia Balseiro e composta polos anteriores poñentes máis os seguintes convidados: Carlos Fernández Rodríguez (Universidade de León) e Arturo Lombera Hermida, GEPN-AAT (USC)
  • 14:00 h. Debate Coloquio

Tarde

  • 17:00 h. Visita técnica explicativa a cargo de Arturo Lombera á exposición sobre as covas das serras orientais galegas: Eirós (Triacastela), Valdavara (Becerreá) e Valiña (Castroverde) no Museo Provincial de Lugo, complementada cunha demostración elemental de talla en seixo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...