HomeMedio ambiente e PatrimonioO Concello de Monforte únese ao apagón mundial da “Hora do Planeta”

O Concello de Monforte únese ao apagón mundial da “Hora do Planeta”

Como apoio á iniciativa de WWF a explanada da Compañía, a Praza da Estación e o conxunto monumental de San Vicente quedarán este sábado sen luz das 20:30 ás 21:30 horas.

Publicado o

- Advertisement -

Trátase dun xesto simbólico de concienciación social diante do cambio climático, impulsado pola World Wide Fund for Nature (WWF) e a axencia publicitaria Leo Burnett, ao que se une o concello como mostra de apoio a esta iniciativa.

A acción que se programa para esta noite do sábado 30 de marzo consiste en facer un apagón eléctrico en espazos emblemáticos da cidade que quedarán a escuras durante unha hora. Os lugares escollidos son a Praza da Estación, a explanada da Compañía e a contorna de San Vicente incluída a Torres da Homenaxe e o campanario.

O alcalde, José Tomé Roca, destaca que “o acto simbólico ao que nos imos sumar este sábado pretende concienciar da necesidade de empregar de forma responsable a enerxía. Cómpre que todos nos impliquemos para loitar contra o cambio climático e poder reducir así o nivel de emisións de CO2”. O rexedor tamén lanzou unha mensaxe aos monfortinos e monfortinas para que “entendan este xesto e se sumen nos seus fogares a esta iniciativa, que consiste en aforrar enerxía durante unha hora”.

A Hora do Planeta é unha iniciativa de apoio global, en defensa do medio ambiente e en contra do cambio climático,que está promovida pola Asociación WWF. Comezou no ano 2007 en Sidney, Australia, e o éxito de participación a nivel mundial medra ano a ano.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...