HomeMovementos sociais214.000 euros para reforzar o labor de colectivos de asistencia social

214.000 euros para reforzar o labor de colectivos de asistencia social

A Deputación de Lugo contribuirá deste xeito a manter e complementar a asistencia que ofrecen entidades da provincia a unhas 3.500 familias.

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente en funcións, Darío Campos, informou esta semana que a Deputación reforzará o labor social de entidades que ofrecen atención profesional a veciñas e veciños da provincia con necesidades diversas. A decisión chega despois de manter este un encontro con representantes de distintos colectivos sociais no que asinaron senllos convenios de colaboración por un valor total de 214.000 euros cos que financiar distintos proxectos sociais na provincia.

Conde explicou que “con estas axudas contribuímos á actividade que estes colectivos desenvolven ao longo do noso territorio, ofrecendo atención profesional a milleiros de veciños e chegando onde as administracións públicas con competencias neste eido non chegan”.

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada (AFA Chantada), unha das 16 entidades lucenses beneficiadas, recibirá 10.000 euros para a atención asistencial a persoas afectadas e aos seus familiares.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...