HomeMovementos sociaisCC.OO. axuda a un monfortino a reparar un ‘abuso franquista’

CC.OO. axuda a un monfortino a reparar un ‘abuso franquista’

O sindicato está facendo as xestións oportunas para que esta persoa, sobriño e herdeiro dun matrimonio prexudicado, poida conseguir unha indemnización que repare o dano económico sufrido por estes a raíz do ‘decomiso’ da súa casa.

Publicado o

- Advertisement -

O matrimonio en cuestión acordou no ano 1935 construír unha casa coa Cooperativa monfortina “Pablo Iglesias” de Monforte de Lemos, casa de planta baixa, 80 metros cadrados e abastecemento de auga corrente quente e fría, un auténtico luxo para a época.

Pero aconteceu que desencadeada a Guerra Civil o goberno franquista “requisouna” co argumento político represivo de que fora construída xustamente pola Cooperativa Pablo Iglesias. Deste xeito, priváronlle da casa aos seus lexítimos propietarios e cedéronlla ao Capitán da Garda Civil e á súa familia tendo os primeiros que reiniciar a súa vida alugando outra vivenda con menos prestacións que a súa.

A casa requisada polo Goberno Franquista / XdL

Pasado o tempo, a principios do 1954, o goberno fascista devolveu a vivenda a este matrimonio pero previo pago de 10.000,00 pesetas que era xustamente o importe que tiveran que pagar eles no seu dia para mercar a casa. Velaquí o abuso e a troupelía, unha máis das que se fixeron naquela época negra da nosa historia.

A devandita casa pasou en herdanza ao señor José Cuadrado Castro, un octoxenario que decidiu deixar nas mans do sindicato CC.OO. a reclamación de danos e prexuízos ao Estado por esa terrible inxustiza e grave prexuízo económico co que tiveron que vivir os seus tíos. Non só foron privados da súa vivenda durante case 20 anos, senón que ademais tiveron que costear un alugueiro todos eses anos e pagar novamente pola casa que xa lles pertencía dende o principio.

Os servizos xurídicos do sindicato asumiron a defensa deste caso e presentaron a finais de xuño un escrito diante da Subdelegación do Goberno en Lugo denunciando os feitos e solicitando o conseguinte resarcimento por danos e prexuízos ocasionados aos tíos do señor Cuadrado.  A principios de xuño, a Subdelegada do Goberno contestaba que este órgano administrativo non tiña competencia para atender o asunto do ‘decomiso’ da vivenda durante a Guerra Civil e que a cuestión formulada se remitía á Dirección Xeral para a Memoria Histórica do Ministerio de Xustiza, competente neste asunto.

O Delegado de Comisións Obreiras na Zona Sur de Lugo, Mario Docasar, espera se faga xustiza canto antes e lembra que hai máis casos como este na cidade do Cabe.

ÚLTIMAS

Conta atrás para a ‘Festa da Carne ao Caldeiro’ de Castro de Carballedo

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, e as responsables da organización,  Hita...

Quiroga presenta un amplo programa para celebrar a súa XLIII Feira do Viño

O programa ábrese o venres día 18 coa cata de espumosos, que se desenvolverá...

Atopan unha persoa falecida no interior dun coche que se saiu da vía en Sarria

Unha persoa perdeu a vida tras incendiarse o seu vehículo despois de saírse da...

Convócase o Concurso de Atletas e Clubs máis destacados do ano 2024 no concello de Monforte

O concello de Monforte convoca o Concurso para determinar os/as atletas e clubs máis...