HomeDeportes60.000€ na mellora da eficiencia enerxética do Pavillón Deportivo de Oural

60.000€ na mellora da eficiencia enerxética do Pavillón Deportivo de Oural

A Xunta de Galicia destinou 60.000 euros á mellora da eficiencia enerxética e do confort do pavillón deportivo de Oural, en Sarria, a través dunha achega adicional ao Fondo de Cooperación Local, que xestiona a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións para comprobar o resultado dos traballos. Na zona dos vestiarios substituíuse a cuberta de chapa galvanizada sinxela por outra de panel sándwich de 30 mm de espesor. Ademais, realizáronse labores de limpeza, selado e impermeabilización nas carpinterías exteriores do pavillón.

O Concello de Sarria obtivo o importe máximo da axuda para estas obras que supuxeron reforzar o illamento térmico das instalacións, “co que se reducen o consumo enerxético, as emisións contaminantes e os custos de mantemento”, segundo explicou Arias.

O Fondo de Cooperación Local é o instrumento central de colaboración financeira da Xunta de Galicia coas entidades locais. A maiores, e entre outras, establécese esta liña de colaboración, un fondo adicional que se destina a concellos con poboación inferior a 15.000 habitantes para obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios de titularidade municipal utilizados para a prestación de servizos ou o exercicio das súas competencias.

Pavillón Oural / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...