HomeMovementos sociaisLugo mostra o seu lado máis solidario

Lugo mostra o seu lado máis solidario

A Deputación de Lugo ofreceulle a súa axuda ós concellos da provincia para favorecer a acollida dos refuxiados do Aquarius

Publicado o

- Advertisement -

O goberno da Deputación de Lugo mostrou o seu apoio á decisión tomada polo goberno central de acoller ós refuxiados do Aquarius e ofrecer a súa colaboración para que os Concellos da provincia participen na acollida ás máis de 600 persoas que viaxan a bordo do buque.

Deste xeito, o goberno provincial comunicoulle á Federación Española de Municipios e Provincias a súa disposición de colaborar cos Concellos da nosa provincia para favorecer a acollida dos refuxiados. Dado que a Deputación non conta con medios habitacionais para atender esta situación de emerxencia humanitaria, e executivo provincial ofrece axuda ós concellos lucenses con medios técnicos e loxísticos que precisen para dar cobertura ás necesidades que teñan en cuestións como transporte a lugares de acollida e material entre outros.

 

ÚLTIMAS

Comezo do ‘Marida Maio 2026’

O 'Marida Maio', evento que conta co patrocinio da Deputación de Lugo, fai posible...

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...