A mostra fotográfica, organizada por varias entidades e que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Sarria, pretende achegar á cidadanía o traballo realizado por entidades que traballan no eido do afectación cerebral en Galicia. As fotografías foron tomadas nas cinco asociacións de FEGADACE polo fotógrafo Aigi Boga e compoñen un completo retrato sobre as consecuencias do dano cerebral.
As instantáneas están acompañadas dunha recompilación de títulos nos que se trata esta doenza; as súas causas, as situacións de dependencia que se xeran, as posibilidades de refacer proxectos de vida dos afectados e das familias, etc.
Componse de 38 cadros e estará exposta ata o 23 de abril na Oficina de Turismo, ‘Antiga Prisión preventiva’ (Av. da Mercede, 8).
O horario principal de visitas é de 10:30 a 13:30 pero como nas demais exposicións, dáse a opción de pedir cita para valorar outras posibilidades.