HomeMovementos sociaisNeta de emigrantes atopa as súas orixes a través deste xornal

Neta de emigrantes atopa as súas orixes a través deste xornal

A colaboración dos veciños que se enviaron entre eles por mensaxería a nova da busca que estaba a facer Cristina polo lugar, foi fundamental para que esta muller arxentina afincada dende fai anos en Alacante, puidera coñecer, de primeira man, as orixes da súa familia

Publicado o

- Advertisement -

Cristina Martínez, a muller arxentina que se puxo en contacto co Xornal de Lemos para intentar atopar as súas orixes galegas, ó fin ve o seu soño cumprido.

A fin de semana do 25 26 de agosto celebráronse as festas patronais de San Fiz de Cangas, Pantón. Tras a publicación da busca que estaba a realizar Cristina polo lugar, a nova entre os veciños da parroquia correu como a pólvora. Segundo relata Cristina, “os veciños de San Fiz pasáronse o enlace da publicación do Xornal de Lemos por mensaxería e estaban todos moi atentos para axudarme. Cando chegamos ás festas de San Fiz todo o pobo me recoñeceu pola foto de portada da nova e acercáronse a falar comigo”. Cristina relata que foi un momento moi emotivo pois non era consciente do alcance que tivera o seu chamamento.

Aínda que durante os festexos estivo falando cos veciños, ningún deles lle soubo dicir con claridade cal era a casa dos seus antepasados e sobre todo, cal era a historia da súa familia.

O luns 27 pola mañá e tras indagar no Rexistro Civil sen obter novidades, acercouse ata a cantina de Serode onde a muller que rexenta o negocio comentoulle que había un veciño que si a podía axudar. Este home era  “Moreno” un señor de avanzada idade que aínda lembraba con claridade todos os datos que Cristina lle foi aportando e que “coñecía a historia porque a súa neta lle-la contara”.

O Moreno díxolle que o se avó non era zapateiro, senon que era o zoqueiro. E non un calquera, senón un moi especial porque a cada peza que facía marcábaas cun sinal moi personal. Tal era a fama que tiñan as súas zocas que as facía para os curas e todas as personalidades da zona relevantes de comezos do século XX. Tamén lle dixo que ela da familia dos coñecidos no lugar como os papeleiros da Ribada.

Actualmente a casa natal de San Fiz xa non pertence a ninguén das súas raíces pero grazas ós veciños, puido coñecer a unha prima segunda súa que vive en Ourense e coa que a partir de agora, terá un vínculo familiar e de amizade.

E así, entre contos e enlazando información, Cristina puido coñecer a vida dos seus antepasados galegos e a súa importante labor que fixeron antes de emigrar para Arxentina.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...